Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 23 de novembro de 2021 Páx. 57401

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación EOI, F.S.P

EXTRACTO da Resolución do 15 de novembro de 2021, da Fundación EOI, F.S.P., pola que se aproba a convocatoria para a concesión de axudas dirixidas a impulsar a transformación dixital da industria española no marco do proxecto Industria conectada 4.0.

BDNS (Identif.): 595155.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index), na páxina web de EOI (https://www.eoi.es/es/empresas/industria-40).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ter a condición de empresas beneficiarias as empresas que teñan o seu domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica (xa sexan persoas físicas ou xurídicas, asociacións, entidades sen ánimo de lucro, etc.) que, na súa condición de tales, desenvolven ou van desenvolver unha actividade industrial produtiva se o seu obxecto social se refire a actividades encadradas na sección C-divisións 10 a 32 da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE 2009), aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril.

Segundo. Obxecto

Estas axudas de minimis teñen por obxecto o impulso da transformación dixital da industria española a través das empresas industriais.

As axudas en especie obxecto desta convocatoria consisten na recepción dun asesoramento especializado e individualizado que incluirá un diagnóstico da situación de partida da empresa beneficiaria e a elaboración dun plan de transformación dixital. O asesoramento prestarase a través de reunións individualizadas coas empresas beneficiarias e a realización de obradoiros temáticos e demostrativos de apoio ao asesoramento, cun mínimo de 50 horas de asesoramento individualizado. O dito asesoramento terá a condición de axuda en especie.

A empresa beneficiaria recibirá dentro do asesoramento especializado os seguintes servizos:

a) Diagnóstico previo da situación dixital de partida da empresa e unha análise interna da organización e do negocio.

b) Plan de transformación que incluirá a definición das actuacións do plan, a cuantificación e priorización de oportunidades de dixitalización e un benchmarking de habilitadores.

c) Visitas necesarias ás instalacións da industria beneficiaria. No caso de que as visitas ás instalacións non se poidan realizar por causa xustificada, poderán realizarse de forma virtual logo da autorización da Fundación EOI.

d) Obradoiros demostrativos de contido práctico, que acerquen as solucións dixitais ás empresas industriais beneficiarias do asesoramento.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde EIC/743/2017, do 28 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas dirixidas a impulsar a transformación dixital da industria española no marco do proxecto Industria conectada 4.0, publicada no Boletín Oficial del Estado número 183, do 2 de agosto de 2017, e modificada pola Orde ICT/818/2020, do 10 de agosto, publicada no Boletín Oficial del Estado número 237, do 4 de setembro de 2020.

Cuarto. Contía

O gasto total para esta convocatoria será de douscentos setenta e cinco mil cincocentos cincuenta euros (275.550,00 €) e realizarase con cargo ao orzamento de gastos do Convenio de colaboración subscrito entre a Fundación EOI e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), concretamente cofinánciase:

Cento tres mil novecentos cincuenta euros (103.950,00 €) polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Cento setenta e un mil seiscentos euros (171.600,00 €) pola Fundación EOI con cargo á aplicación orzamentaria da Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, conforme o establecido no Convenio de colaboración do 31 de xullo de 2020 (BOE do 13 de agosto).

O prezo do servizo obxecto de axuda é de nove mil setecentos noventa euros (9.790,00 €) por empresa industrial beneficiaria, impostos incluídos.

A Fundación EOI concederá unha subvención baixo a modalidade de axuda en especie cunha contía máxima individualizada de nove mil cento oitenta e cinco euros (9.185,00 €) por empresa industrial beneficiaria que complete o proceso de asesoramento.

A empresa beneficiaria contribuirá ao servizo aboando seiscentos cinco euros (605,00 €). Para que se proceda á realización do asesoramento, requirirase á empresa beneficiaria que efectuase previamente á Fundación EOI un pagamento á conta do 20 % do importe do total da contía que lle corresponda achegar polo asesoramento á dita empresa beneficiaria, unha vez efectuada a visita preliminar a esta. O devandito pagamento á conta será deducido do importe total que se aboará á Fundación EOI ao finalizar o asesoramento.

A empresa beneficiaria aboará o resto do importe que lle corresponde, mediante transferencia bancaria á conta indicada pola Fundación na convocatoria, no prazo máximo de 30 días naturais desde a emisión da factura. A dita emisión realizarase ao finalizar o asesoramento.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE ata o 15 de decembro de 2021, inclusive.

Madrid, 15 de novembro de 2021

Nieves Olivera Pérez-Frade
Directora xeral da Fundación EOI, F.S.P.