Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 23 de novembro de 2021 Páx. 57400

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de xestión da biomasa dunha parcela en Caneiro, San Pedro, concello de Viveiro (Lugo).

Ao non ser posible a práctica da notificación ao titular da referencia catastral que se relaciona a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante un anuncio no Boletin Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que, no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, se encontra á disposición das persoas interesadas para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. de expediente

Referencia catastral

Situación

NIF do titular catastral

9058/2021

27067A038000040000XA

Parcela 4, polígono 38, no lugar de Caneiro, San Pedro, Viveiro (Lugo)

José Antonio Ramos Riveira (descoñécese o NIF)

Viveiro, 29 de outubro de 2021

María Loureiro García
Alcaldesa