Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 23 de novembro de 2021 Páx. 57366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 9 de novembro de 2021, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-01358-S-2020 e oito máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador PO-01358-S-2020 e oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2021

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-01358-S-2020

3973-BNB

35322895R

O uso incorrecto do selector de actividades do tacógrafo (dos dispositivos de conmutación).

29.2.2020; 13.50; r/ Barxa do Covelo, 4

Art. 141.25 en relación co art. 140.26 LOTT

Art. 198.30 en relación co art.197.30 ROTT

Art. 143.1 g) en relación coa letra k) LOTT

Art. 201 ROTT

601 euros

PO-01610-O-2020

7496-LCD

Y4714136R

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

27.5.2020, 9.11; A-55; 9,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-02465-O-2020

1236-JRF

X6627990B

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

5.3.2020; 10.50; N-550; 42,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

0 euros

XC-02545-O-2020

6738-KFL

77411285R

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

7.5.2020; 9.24; AP-9; 67,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-02546-O-2020

6738-KFL

77411285R

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

8.5.2020; 8.46; AC-432; 2,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-02547-O-2020

6738-KFL

77411285R

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

11.5.2020; 9.33; AP-9; 67,0

Art. 141.25 en relación co art.140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-03140-O-2020

8284-JTK

44829433L

Exceso de peso igual ou superior ao 15 %.

10.6.2020; 12.41; N-634; 693,0

Art. 141.2 LOTT

Art. 198.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT

Art. 201.f) ROTT

801 euros

XC-03235-O-2020

7618-JCZ

32823325W

A realización de transportes públicos utilizando para a condución do vehículo os servizos dunha persoa que requira o certificado de condutor de terceiro país (non da UE), carecendo deste.

29.6.2020; 10.40; DP-1914; 8,1

Art. 198.30 en relación co art.197.45 ROTT

Art. 201.k) en relación coa letra h) ROTT

601 euros

XC-03420-O-2020

3763-JHD

28823288X

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

21.4.2020; 9.00; N-547; 68,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros