Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 23 de novembro de 2021 Páx. 57371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 9 de novembro de 2021, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas en varios expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente OU-00187-O-2021 e catro máis).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador OU-00187-O-2021 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2021

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF
Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00187-O-2021

PO-0368-AJ

76984064M

A carencia a bordo do vehículo dos rexistros manuais e documentos de impresión do día en curso e dos 28 días anteriores cando resulte obrigatorio presentalos, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

5.11.2020; 19.00; A-52; 233,0

Artigo 140.35 da LOTT

Artigo 197.40 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.g) do ROTT

1.001 euros

OU-00971-O-2020

PO-4776-AU

76725495W

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

31.10.2020; 17.52; OU-536; 41,0

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 197.26 do ROTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

Artigo 201.h) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

2.001 euros

OU-01074-O-2020

PO-0368-AJ

76984064M

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor/a ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter efectuado os documentos impresos ao comezar e ao finalizar a viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

5.11.2020; 19.00; A-52; 233,0

Artigo 140.22 da LOTT

Artigo 197.24 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.h) do ROTT

2.001 euros

OU-01081-O-2020

PO-0368-AJ

76984064M

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 da LOTT.

5.11.2020; 19.00; A-52; 233,0

Artigo 140.1 da LOTT

Artigo 197.1 do ROTT

Artigo 201.i) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

4.001 euros

XC-03240-O-2020

8369-KDM

45956618L

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

7.7.2020; 13.25; A-54; 72,2

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 197.26 do ROTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

Artigo 201.h) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

2.001 euros