Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 23 de novembro de 2021 Páx. 57373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Arabías, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Arabías, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 24 de maio de 2021, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é o seguinte: rúa José Bugallal Marchesi, núm. 9, 1º C, 15008, concello da Coruña, provincia da Coruña.

A Coruña, 9 de novembro de 2021

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña