Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 22 de novembro de 2021 Páx. 57159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2021 da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas no Concello de Barbadás (expediente IN407A 2021/140-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 17 de xuño de 2021 pola enxeñeira técnico industrial Eva Grande Nieto, colexiada núm. 2468 do ICOIIG Vigo e polo enxeñeiro dos recursos mineiros e enerxéticos Marcos González Bello, colexiado núm. 342 do COITMG, e con visado núm. 20213002 con data do 5 de outubro de 2021, do ICOIIG.

Solicitante: Urban Update, S.L. ; CIF:B88529136.

Enderezo: plaza Congreso, núm. 2, 28905 Getafe.

Denominación: proxecto eléxtrico de LAT, CT e RBT ubanización Barbadás.

Situación: lugar Urbanización A Moura, concello de Barbadás (Ourense).

Orzamento: 82.947,15 €.

Características técnicas:

• LMTS, a 20 kV, cunha lonxitude de 15 m, en condutor tipo 12/20 kV RHZ1 2OL
1×240 mm2 Al, illamento XLPE, con orixe no paso A/S na LMT aérea existente CAS806-CAS rairo e fin no CT proxectado.

• CT Urbanización A Moura-Barbadás, situado nas Lamas, con coordenadas UTM, ETRS89, fuso 29, X: 591.427,59 e Y: 4.684.988,50, de 250 kVA de potencia aparente e R/T 20.000/400-230 V, en edificio prefabricado monobloque de formigón, con telecontrol e telexestión, comunicación GPRS, celas 2L+P e C.B.T.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións do presente proxecto son de cesión obrigatoria para formar parte da rede de distribución, polo que os trámites de autorización de explotación e posta en servizo serán realizados directamente coa empresa distribuidora, seguindo para iso o procedemento previsto no artigo 132 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 27 de outubro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense