Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 22 de novembro de 2021 Páx. 57161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de outubro de 2021 polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, situada en Alvedro (Culleredo), e se declara a súa utilidade pública para os efectos expropiatorios, así como das disposicións normativas contidas nel.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de outubro de 2021 polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, situada en Alvedro (Culleredo), e se declara a súa utilidade pública para os efectos expropiatorios, que se recolle como anexo I a esta resolución.

Así mesmo, de conformidade co establecido no artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, publícanse como anexo II a esta resolución as disposicións normativas do citado proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

De acordo co exixido no artigo 32 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, facilítase a seguinte información:

▪ Mediante o Anuncio do 28 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (publicado no DOG nº 49, do 12 de marzo), fíxose público o informe ambiental estratéxico do citado proxecto sectorial, formulado pola dita dirección xeral mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2020.

▪ O citado proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, debidamente dilixenciado para facer constar a súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta de Galicia, estará á disposición do público no seguinte enderezo da internet: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-industriais

Contra o devandito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2021

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO I

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de outubro de 2021
polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliación das instalacións da sede central
do Grupo Caamaño, situada en Alvedro (Culleredo), e se declara
a súa utilidade pública para os efectos expropiatorios.

Feitos:

1. O 8.4.2019, a mercantil Lots, Land & Rent, S.L., pertencente ao Grupo Caamaño (en diante, promotor), presentou ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (en diante, DXPERN) a solicitude de declaración de incidencia supramunicipal do proxecto sectorial para a ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, situada en Alvedro, no concello de Culleredo (A Coruña), acompañada do proxecto sectorial (datado en abril de 2019) e dunha memoria xustificativa da declaración de incidencia supramunicipal e de adecuación aos criterios establecidos no artigo 4 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

2. O 11.4.2019, a DXPERN, para os efectos de iniciar ou non a tramitación como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal conforme o disposto no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, solicitou ao Igape, pola súa condición de axencia adscrita a esta consellería para o desenvolvemento económico de Galicia, informe sobre a procedencia de declarar o proxecto sectorial como de incidencia supramunicipal. O 3.5.2019, o Igape emitiu informe de valoración da contribución ao desenvolvemento económico de Galicia do referido proxecto sectorial, concluíndo o seguinte: «[...] o proxecto sectorial do Grupo Caamaño terá un impacto positivo en termos económicos e sociais na súa contorna, sen efectos negativos sobre a sustentabilidade [...]».

3. O 11.6.2019, a DXPERN solicitou á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (en diante, DXOTU) o informe previo á declaración de incidencia supramunicipal do dito proxecto sectorial, exixido no artigo 13.1 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo. O 11.9.2019, a DXOTU emitiu este informe, en que conclúe o seguinte: «Analizada a documentación remitida, considérase que o obxecto do proxecto sectorial para ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño no concello de Culleredo responde ás finalidades que para estes instrumentos de ordenación do territorio se sinalan tanto na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, como no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, concorrendo os supostos de incidencia supramunicipal que se recollen nos citados textos legais e debendo seguirse a tramitación indicada neste informe [...]». En canto á tramitación, indícase que o proxecto sectorial se someterá ao procedemento correspondente de avaliación ambiental estratéxica, así como ao trámite de información pública e audiencia aos concellos afectados, e que se deberá solicitar informe aos seguintes organismos de acordo coas afeccións territoriais que concorren: DX de Patrimonio Cultural, Montes, Confederación Hidrográfica Galicia-Costa - Augas de Galicia, competencias estatais (Delegación do Goberno), telecomunicacións, Estradas do Estado, acústica (Ministerio de Fomento), servidumes aeronáuticas (DX de Aviación Civil), afeccións á minaría, afeccións ao gasoduto e empresas subministradoras e distribuidoras sobre a suficiencia dos servizos existentes e previstos.

4. O 18.9.2019, a DXPERN requiriulle ao promotor a presentación da solicitude de inicio de avaliación ambiental estratéxica, xuntando o proxecto sectorial e o documento ambiental estratéxico. O 12.11.2019, o promotor presentou a solicitude de inicio de avaliación ambiental estratéxica, acompañada do documento ambiental estratéxico (datado en novembro de 2019) e do proxecto sectorial (datado en novembro de 2019).

5. O 10.10.2019, o Consello da Xunta de Galicia acordou declarar de incidencia supramunicipal o devandito proxecto sectorial.

6. O 19.11.2019, a DXPERN solicitou á Dirección Xeral de Avaliación Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (en diante, órgano ambiental) o inicio da avaliación ambiental estratéxica do referido proxecto sectorial. O 28.2.2020, o órgano ambiental ditou resolución pola que formulou o informe ambiental estratéxico (en diante, IAE) do citado proxecto sectorial (anuncio publicado no DOG do 12.3.2020), que remitiu a esta dirección xeral o 2.3.2020, xunto cos informes dos organismos que emitiron informe con observacións durante o período de consultas previas (DXOTU, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Dirección Xeral de Aviación Civil). O informe da DXOTU recolle, entre outras cousas, os informes que hai que solicitar durante a tramitación do proxecto sectorial: DX Patrimonio Cultural, Montes, Confederación Hidrográfica Galicia-Costa - Augas de Galicia, competencias estatais (Delegación do Goberno), telecomunicacións, Estradas do Estado, acústica (Ministerio de Fomento), servidumes aeronáuticas (DX de Aviación Civil), afeccións á minaría, afeccións ao gasoduto e empresas subministradoras e distribuidoras sobre a suficiencia dos servizos existentes e previstos.

7. O 3.3.2020, a DXPERN requiriulle ao promotor a presentación do proxecto sectorial en que se recollan as medidas previstas no IAE e nos informes dos organismos que emitiron informe con observacións durante o período de consultas. O 4.4.2020, o promotor presentou un novo proxecto sectorial (datado en abril de 2020), no cal se introduciron as medidas exixidas nos referidos informes ambientais, e tamén presentou a solicitude de declaración de utilidade pública (datada en abril de 2020) para a relación de bens e dereitos afectados (RBDA) que se incluíu no proxecto sectorial.

8. En canto á información pública, a DXPERN decidiu non realizar os preceptivos anuncios ata acadar a normalización da situación provocada pola COVID-19. En canto á petición dos informes sectoriais, o 23.4.2020 a DXPERN solicitou informe ás entidades indicadas pola DXOTU, co resultado sinalado na seguinte táboa:

Entidade

Informe

1

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Informe favorable emitido o 16.7.2020, con algunha observación que atender

2

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Informe favorable emitido o 19.6.2020

3

Augas de Galicia

Informe favorable emitido o 19.1.2021, con algunha observación que atender

4

Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma-Competencias estatais

Ministerio de Defensa-Informe favorable emitido o 20.5.2020

Área Fomento (competencias estatais)-Informe favorable emitido o 3.8.2020

Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas-Informe favorable emitido o 21.7.2020, con algunha observación que atender

5

Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información

Informe favorable emitido o 31.7.2020

6

Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma-Estradas+Acústica

Informe favorable emitido o 8.7.2020

7

Dirección Xeral de Aviación Civil

Informe favorable emitido o 6.6.2020

8

Servizo de Minas da Coruña-Consellería de Economía, Emprego e Industria

Informe favorable emitido o 14.10.2020

9

Nedgia, S.A.

Informe favorable emitido o 9.6.2020

10

Gestagua

Informe favorable emitido o 5.5.2020

11

UFD Distribución Electricidad, S.A.

Informe favorable emitido o 15.5.2020

12

Telefónica de España, S.A.U. (Movistar)

Informe favorable emitido o 6.5.2020

9. O 7.9.2020, o promotor presentou un novo proxecto sectorial (datado en agosto de 2020), en que se incluíu o estudo de integración paisaxística en cumprimento do disposto no Regulamento da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, aprobado polo Decreto 96/2020, do 29 de maio (DOG nº 135, do 8 de xullo).

10. O 11.9.2020, a DXPERN ditou resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de aprobación do proxecto sectorial e a súa declaración de utilidade pública, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 28.9.2020, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 30.9.2020 e no xornal La Voz de Galicia do 24.9.2020, e tamén estivo exposta nos taboleiros de anuncios do Concello de Culleredo e da Xefatura Territorial da Coruña desta consellería. Simultaneamente, a DXPERN deulle audiencia ao Concello de Culleredo e practicou as notificacións individuais aos titulares dos predios afectados que figuran na RBDA publicada. Así mesmo, para aqueles afectados aos cales non se puido practicar a notificación, a DXPERN ditou un anuncio, con data 15.10.2020, para os efectos da súa notificación, que se publicou no DOG (29.10.2020) e no taboleiro de edictos único do BOE (3.11.2020).

11. En canto ao trámite de audiencia aos concellos afectados, o 16.9.2020 a DXPERN solicitou informe ao Concello de Culleredo, cuxo servizo de urbanismo emitiu informe favorable con data 1.2.2021.

12. Durante o período en que se someteu a información pública o proxecto sectorial presentáronse varios escritos de alegacións en relación coa declaración de utilidade pública, que a DXPERN trasladou ao promotor o 2.11.2020 para que presentase a súa contestación a elas. Na seguinte táboa relaciónanse os escritos de alegacións presentados, recollendo a seguir un resumo do seu contido:

Rexistro de entrada

Data/hora entrada

Alegante

Predios da RBDA

1

2020/1991240

16.10.2020 (13.02)

Francisco Vilas Torreiro (en

representación de Trasdoval, S.L.)

Predio nº 7

2

2020/1992188

16.10.2020 (13.44)

Trasdoval, S.L.

3

2020/2031838

22.10.2020 (22.32)

José Liñares Fraga

Predios nº 1, 2, 14, 15 e 18

4

2020/2031868

22.10.2020 (22.49)

José Liñares Fraga

5

2020/2052938

26.10.2020 (18.03)

Bugallo Ponte, S.L.

Predio nº 4

Nos escritos de alegacións nº 1 e 2 solicítase que se manteña o viario previsto no PXOU vixente para que non se produza ningunha afección sobre o predio nº 7, argumentando o seguinte: que no PXOU vixente as aliñacións da vía respectan o predio nº 7, a curva da vía comeza no inicio da parcela estremeira e remata ao final da nosa, tendo un raio de xiro amplo, e a vía ten un largo de 16 m. Pola contra, no proxecto sectorial as aliñacións da vía lindan coa construción da parcela estremeira e invaden o predio nº 7, en que se produce a curva e cun raio de xiro máis reducido, e a vía ten un largo de 12 m; que a marxe onde se atopa o predio nº 7 está dentro da ordenanza nº 7, industria lixeira compatible coa vivenda para a que se obtivo licenza de construción para unha nave e, polo tanto, con intereses similares en canto ao seu uso aos do Grupo Caamaño. A marxe oposta a este predio, non incluído no proxecto sectorial, está sendo utilizada actualmente de aparcadoiro; e que o proxecto sectorial debe recoller a actual configuración da vía do PXOU, evitando desta forma a afección do predio nº 7, ao entender que este reaxuste da vía non prexudica o proxecto do Grupo Caamaño e, ademais, mellora a seguridade viaria ao ampliar considerablemente o raio de xiro da curva que se produce fronte ao dito predio.

Nos escritos de alegacións nº 3 e 4 o alegante informa da existencia de erros na titularidade que figura na RBDA en relación con 5 predios (nº 1, 2, 14, 15 e 18), indica que os seus titulares son el e a súa dona (Adolfina Rodríguez Costa) e xunta documentación acreditativa ao respecto, e solicita a rectificación da información contida na RBDA. Tamén fai constar que 3 deses predios (nº 1, 15 e 18) actualmente son obxecto de arrendamento urbano. Por outro lado, solicita a denegación da aprobación definitiva do proxecto sectorial e da solicitude de declaración de utilidade pública, e que se exclúan da RBDA os 5 predios citados, con base nos seguintes argumentos: que o Grupo Caamaño non se puxo en ningún momento en contacto con eles para negociar a posible compravenda dos terreos afectados; que non está debidamente xustificada a necesidade de ocupación dos predios nº 14 e 15, que están pegados a varios predios urbanos, con vivendas e con todos os servizos necesarios para ser consideradas solo urbano; que os 5 predios son a todas luces susceptibles de seren considerados como solo urbano porque reúnen todos os requisitos para iso, pois contan con acceso rodado, auga, luz, rede de sumidoiros e algunhas con vivendas; e que a información sometida a información pública é incompleta.

No escrito de alegacións nº 5 solicítase a adecuación do sistema viario á realidade definida polo PXOU, con base nas seguintes argumentacións: que a delimitación do ámbito do proxecto sectorial resulta incoherente, ao non integrar nel unha bolsa de solo cualificada como solo non urbanizable e que quedará rodeada de solo urbano, imposibilitando o seu desenvolvemento; que o predio nº 4 está edificado coa correspondente licenza de obra e de ocupación, mentres que as aliñacións presentadas no proxecto sectorial non son coincidentes coas materializadas; que se debe manter o viario co largo de 16 m previsto no PXOU, en lugar dos 12 m propostos no proxecto sectorial; que a afección do predio nº 4 provocará a perda de elementos e infraestruturas de urbanización xa executados e 18 prazas de aparcamento; e que as prazas de aparcamento reservadas no proxecto sectorial son insuficientes tendo en conta o incremento previsto da actividade.

13. Con datas 30.6.2020, 25.8.2020, 28.10.2020, 29.1.2021 e 15.2.2021, a DXPERN foi trasladando ao promotor os informes dos organismos a medida que foron chegando, e nos dous últimos traslados requiriulle a presentación da seguinte documentación: o proxecto sectorial definitivo, no cal se atendan as observacións recollidas nos diferentes informes sectoriais; unha memoria explicativa das modificacións introducidas na redacción do proxecto sectorial sometido a información pública (datado en agosto de 2020), como consecuencia de atender as observacións dos informes sectoriais; na epígrafe do proxecto sectorial referente á RBDA, deberanse incluír soamente as parcelas que precisen ser expropiadas e, en consecuencia, declaradas de utilidade pública cando se aprobe o proxecto sectorial; unha nova solicitude de declaración de utilidade pública en que se inclúan soamente as parcelas que precisen ser expropiadas, e con respecto ás outras parcelas incluídas na RBDA que se publicou (datada en abril de 2020), o motivo polo que xa non se precisa a súa expropiación; e a contestación aos escritos de alegacións presentados por diversos afectados, e que a DXPERN lle trasladou ao promotor o 2.11.2020.

14. O 15.2.2021 o Servizo de Urbanismo do Concello de Culleredo, a respecto dos mencionados escritos de alegacións presentados en relación coa declaración de utilidade pública, emitiu informe en que se conclúe o seguinte: «As alegacións responden de forma obxectiva ás demandas dos alegantes, as 4 primeiras son cuestións particulares de pouca relevancia e a 5ª, máis fundamentada pero satisfactoriamente resolta polo equipo redactor do documento do proxecto sectorial, por ser este un documento de rango superior ao PXOU do 87, que ten unha cartografía dos inicios dos anos 80 cunha pobreza gráfica notable. Por iso, desde o punto de vista do xefe de servizo que subscribe, considéranse as respostas ás alegacións coherentes e fundamentadas». O 17.2.2021, esta dirección xeral trasladoulle este informe ao promotor.

15. O 12.3.2021, o promotor contestou os requirimentos da DXPERN (con datas do 29.1.2021 e 15.2.2021), achegando a documentación requirida, datada en marzo de 2021 e integrada polos seguintes documentos: un novo proxecto sectorial; documento de resposta e integración dos informes recibidos durante a tramitación do proxecto sectorial; unha nova solicitude de declaración de utilidade pública; documento de resposta ás alegacións recibidas á declaración de utilidade pública; e informe de modificacións introducidas no proxecto sectorial e na RBDA.

16. O 18.3.2021, a DXPERN trasladoulle á DXOTU o expediente completo para os efectos de obter o seu informe preceptivo, conforme o exixido no artigo 13.3 do Decreto 80/2000, con carácter previo á proposta que, se é o caso, se faga ao Consello da Xunta de Galicia para a aprobación definitiva do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública para os efectos expropiatorios. O 26.5.2021, a DXOTU emitiu o seu informe, en cuxa epígrafe 6.2 se conclúe o seguinte: «Previamente á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia para acadar a aprobación definitiva, corrixirase e completarase a documentación do proxecto e do expediente segundo se indica nos subliñados dos distintos puntos deste informe».

17. O 1.6.2021, a DXPERN requiriulle ao promotor a presentación dun novo proxecto sectorial, en que se atendan as correccións sinaladas no informe da DXOTU. O 14.6.2021, o promotor contestou a este requirimento, xuntando a seguinte documentación datada en xuño de 2021: novo proxecto sectorial no cal se atenden as correccións sinaladas no informe da DXOTU; novo documento titulado «Resposta e integración dos informes recibidos», referido á tramitación do proxecto sectorial; addenda ao documento titulado «Resposta e integración dos informes recibidos», referido ao informe da DXOTU; e informe sobre as modificacións introducidas no novo proxecto sectorial.

Segundo se recolle nesta nova documentación presentada polo promotor, coa proposta inicial incúmprese o artigo 74.1.c).3 do RLSG, que establece un longo mínimo de 2 m para as beirarrúas, polo que o ámbito de ordenación tivo que ser ampliado na marxe sueste en 20 cm (tal como se exixe no informe da DXOTU). Ademais, o promotor pon de manifesto que durante a tramitación do proxecto sectorial culminou a urbanización como parcela urbana do predio nº 4 da RBDA publicada, resultando os novos elementos urbanos (bei-rarrúas, iluminación e muros de contención interiores), incompatibles co trazado do viario proposto no proxecto sectorial. En definitiva:

▪ Co impulso destas dúas motivacións (a necesidade de ampliar a beirarrúa norte e a incompatibilidade do viario proposto coa recente urbanización dunha parcela urbana), rectificouse o trazado do viario principal establecendo un longo mínimo de 12,2 m e integrando a urbanización executada na parcela antes mencionada. Deste xeito, o predio obxecto de alegación por parte de Bugallo Ponte, S.L. (nº 4) foi eliminada da RBDA ao quedar desafectado.

▪ Esta modificación do trazado do viario principal non afecta novas parcelas, nin supón incremento dos posibles impactos de materia sectorial, polo que se considera libre de novas implicacións urbanísticas. Porén, variarán algunhas das superficies de expropiación previstas, diminuíndo nalgúns casos na marxe norte e aumentando na marxe sur: diminúe nos predios da RBDA nº 5 (a afección pasa de 36,88 a 26,30 m2) e nº 12 (a afección pasa de 22,86 a 22,67 m2) e aumenta no predio nº 19 (a afección pasa de 138,59 a 294,79 m2).

18. O 16.6.2021, a DXPERN trasladoulle á DXOTU esta nova documentación presentada polo promotor, para os efectos de obter o seu informe sobre a adaptación do novo proxecto sectorial ás exixencias recollidas no seu primeiro informe, así como sobre a rectificación do trazado principal feita co obxecto de respectar a urbanización executada no predio nº 4 da RBDA publicada.

19. O 21.6.2021, o promotor presentou a seguinte documentación actualizada e datada en xuño de 2021, en substitución da presentada anteriormente: unha nova solicitude de declaración de utilidade pública, un novo documento de resposta ás alegacións recibidas á declaración de utilidade pública e unha nova memoria do proxecto sectorial na cal se corrixiu unha errata detectada nunha táboa da páxina 22.

20. O 28.6.2021, a DXOTU emitiu informe favorable sobre as correccións feitas no proxecto sectorial, en atención ao exixido no seu primeiro informe (emitido o 26.5.2021).

21. O 16.7.2021, a DXPERN cursou notificacións aos titulares dos predios que sufriron modificación da súa superficie de afección a respecto da RBDA publicada (predios nº 5, 12 e 19), dándolles un prazo de 10 días para presentar alegacións. Tamén se cursou esta notificación ao titular do predio nº 22, advertíndolle dun erro na superficie de afección, que é de 618 m2 en lugar dos 961 m2 que figuraban na RBDA publicada. A respecto destas notificacións, para aquelas persoas ás cales non se lles puido practicar, a DXPERN ditou un anuncio, con data do 8.9.2021, para os efectos da súa notificación, que se publicou no DOG do 23.9.2021 e no taboleiro de edictos único do BOE do 29.9.2021, fixando un prazo de 10 días para poder retirar a notificación. Rematados os citados prazos, non se presentaron escritos de alegacións.

22. O 15.10.2021, a DXPERN emitiu informe sobre a tramitación realizada, indicando que procede facer a proposta ao Consello da Xunta de Galicia para a aprobación definitiva do proxecto sectorial e a súa declaración de utilidade pública para os efectos expropiatorios.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente, de conformidade co disposto no artigo 25.4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no artigo 13.4 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

2. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites do procedemento establecido na normativa de aplicación, conformada pola Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, a Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, o Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, o informe da DXOTU emitido con carácter previo á declaración de incidencia supramunicipal, a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e a Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1952 e o seu regulamento.

Tanto a Lei 10/1995, do 23 de novembro, como o Decreto 80/2000, do 3 de marzo, seguen sendo de aplicación para este procedemento, por terse formulado o IAE con anterioridade á entrada en vigor da nova Lei de ordenación do territorio de Galicia (Lei 1/2021, do 8 de xaneiro), conforme o establecido na disposición transitoria primeira desta nova lei.

3. Á vista dos escritos de alegacións presentados durante o trámite de información pública do proxecto sectorial, da contestación do promotor a estas alegacións e do resto da documentación que consta no expediente, cómpre manifestar o seguinte:

▪ En relación cos escritos de alegacións nº 1 e 2, cómpre indicar que non se aceptan as pretensións do alegante de desafección do predio nº 7, con base nas seguintes argumentacións:

– O proxecto sectorial ten un rango superior ao PXOU polo que non necesariamente debe cinguirse ás súas determinacións; non obstante, no proxecto sectorial recóllese un viario de 12,20 m e non de 16 m, ao considerar que esta sección será suficiente para o tráfico e manobras do normal funcionamento da industria.

– O dito predio está cualificado como solo urbano no vixente PXOU e linda con viario público. Con todo, a urbanización non pode considerase completada xa que non conta coas redes nin coa sección que cabe esperar do tecido urbano.

– Aínda que o PXOU incorpora unha representación gráfica das aliñacións, a cartografía base deste planeamento ten pouca exactitude e resulta imposible axustala inequivocamente á realidade actual; en consecuencia, aínda que se pretenda respectar literalmente a aliñación, a correspondencia coa realidade require de certo grao de interpretación e adaptación, que é precisamente o que produce esas pequenas diferenzas no proxecto sectorial.

– O 15.2.2021, o Servizo de Urbanismo do Concello de Culleredo emitiu informe, do 15.2.2021, en que se considera coherente e fundamentada a resposta do promotor de non aceptación das alegacións.

▪ En relación cos escritos de alegacións nº 3 e 4, cómpre indicar que as superficies afectadas dos predios a que se fai referencia (nº 1, 2, 14, 15 e 18) foron adquiridas polo Grupo Caamaño tras chegar a un acordo de compravenda cos seus titulares, de tal xeito que quedan excluídas da RBDA que se empregará no procedemento expropiatorio, polo que a este respecto se consideran aceptadas as pretensións do alegante.

▪ En relación co escrito de alegacións nº 5, cómpre indicar que a superficie afectada do predio nº 4 queda excluída da RBDA que se empregará no procedemento expropiatorio, debido á rectificación do trazado do viario principal como consecuencia da necesidade de ampliar a beirarrúa nova e de compatibilizar o viario coa recente urbanización do dito predio, deste xeito, considéranse aceptadas as pretensións do alegante de desafección do dito predio.

4. En canto ás modificacións feitas na RBDA definitiva (que se empregará no procedemento expropiatorio) a respecto da publicada no trámite de información pública, cómpre manifestar o seguinte:

▪ Cos propietarios de 6 predios afectados (nº 1, 2, 13, 14, 15 e 18 da RBDA publicada) o promotor acadou acordos de compravenda.

▪ Nun dos predios afectados (nº 4 da RBDA publicada) foi completada durante a tramitación do proxecto sectorial a súa urbanización, quedando definida unha liña de beirarrúa, de tal xeito que se considerou conveniente desviar lixeiramente o eixo do viario proposto para respectar a realidade construída. En consecuencia, este predio quedou desafectado.

▪ A citada desviación do eixo do viario principal modificou a superficie afectada de 3 predios, diminuíndo na marxe norte do viario e aumentando na marxe sur: diminúe nos predios da RBDA nº 5 (a afección pasa de 36,88 a 26,30 m2) e nº 12 (a afección pasa de 22,86 a 22,67 m2) e aumenta no predio nº 19 (a afección pasa de 138,59 a 294,79 m2).

▪ Así mesmo, corrixiuse a superficie afectada do predio nº 22, que é de 618 m2 e non 961 m2, como figuraba na RBDA publicada.

▪ Recóllese como anexo a RBDA definitiva que se empregará no procedemento expropiatorio e que figura na seguinte documentación presentada polo promotor (datada en xuño de 2021): solicitude de declaración de utilidade pública e proxecto sectorial.

5. Informe da DXOTU, do 28.6.2021, emitido conforme o exixido no artigo 13.3 do Decreto 80/2000, de carácter favorable para a elevación ao Consello da Xunta de Galicia da aprobación definitiva do proxecto sectorial e da súa declaración de utilidade pública para os efectos expropiatorios, que conclúe, na súa epígrafe 5, o seguinte:

«5.1. Analizada a documentación achegada, verificouse que foron introducidas as modificacións indicadas no informe desta dirección xeral do 26.5.2021 e, ao abeiro da disposición transitoria primeira da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, constátase que se seguiron os trámites establecidos no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, previos á aprobación definitiva polo Consello da Xunta de Galicia do proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, no concello de Culleredo.

5.2. En atención ao exposto e de conformidade co disposto no artigo 61 da antedita Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, logo da súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta de Galicia, deberá remitirse a este centro directivo un exemplar en soporte dixital do proxecto sectorial debidamente dilixenciado, facendo constar expresamente a súa aprobación, para proceder á súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

5.3. Unha vez inscrito e para a súa entrada en vigor, de conformidade co artigo 60 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, no prazo dun mes desde a aprobación definitiva do proxecto sectorial deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica da Xunta de Galicia o acordo de aprobación definitiva e as súas disposicións normativas, así como a dirección electrónica en que poderá consultarse o contido íntegro do instrumento e os aspectos exixidos pola normativa en materia de avaliación ambiental».

6. Informe da DXPERN, do 15.10.2021, en que se indica que procede facer a proposta ao Consello da Xunta de Galicia para a aprobación definitiva do proxecto sectorial e a súa declaración de utilidade pública para os efectos expropiatorios, do conformidade co disposto no artigo 25.4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, e no artigo 13.4 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

7. A seguir recóllense os datos básicos do proxecto sectorial:

▪ Necesidade: dentro do continuo proceso de investigación e desenvolvemento do Grupo Caamaño, faise imprescindible, para manter a relación directa entre as diferentes especialidades, a ampliación física ligada ás súas instalacións en Culleredo. Os terreos onde se atopan as instalacións actuais da sede central do Grupo Caamaño forman parte dun mosaico que en pouca extensión mestura tipoloxías edificatorias, espazos totalmente urbanizados e solos rústicos; todo iso baixo a presenza de grandes infraestruturas como o aeroporto de Alvedro, e a N-550 recentemente transferida en parte do seu percorrido ao concello de Culleredo.

▪ Obxecto: o obxecto do proxecto sectorial é regularizar a implantación actual das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, fixando as condicións urbanísticas para crear un solo urbanizable industrial que englobe as instalacións en funcionamento e a ampliación prevista, o que precisa dunha cualificación urbanística do solo adecuada.

▪ Concellos afectados: Culleredo (A Coruña).

▪ Ámbito territorial: o ámbito territorial do proxecto sectorial cínguese ás parcelas ocupadas polas instalacións actuais da sede central do Grupo Caamaño, e as súas inmediatas, así como as lindeiras co seu acceso principal desde a antiga estrada N-550. En total, a delimitación inclúe unha superficie bruta de 67.847 m2, da cal, descontando a superficie de viario público existente (4.210 m2), resulta un total neto de 63.637 m² de que o Grupo Caamaño é propietario maioritario (88 %). A superficie construída acada os 34.536 m2 e, co proxecto sectorial, esta incrementarase en 18.954 m2 (un incremento do 55 %), para acadar unha superficie total de 53.490 m2.

▪ Investimento: 10.796.000 € (adquisición de solo: 546.000 €; urbanización: 850.000 €; construción de edificacións: 6.000.000 €; e equipamento industrial: 3.400.000 €).

De acordo con todo o que antecede, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, situada en Alvedro (Culleredo).

2. Declarar a utilidade pública do dito proxecto sectorial para os efectos expropiatorios, que implicará a declaración de utilidade pública das obras, instalacións e servizos previstos de maneira concreta, así como a necesidade de ocupación para os efectos da expropiación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución recollidos na RBDA.

3. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10.10.2019, polo que se declara a incidencia supramunicipal do devandito proxecto sectorial, o planeamento do Concello de Culleredo (A Coruña) queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Anexo: RBDA definitiva que se empregará no procedemento expropiatorio

Predios

Afección

Nº predio

Referencia catastral

Situación

Concello

Uso principal

Sup. total (m2)

Propietario

Sup. que se expropiará (m2)

Motivo

3

1140912NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

998

Talleres Mecánicos e Industriales, S.A.

32,19

Ampliación vía

1140912NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

998

Frío Coruña, S.L.U.

32,19

Ampliación vía

5

1140918NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.104

Louro Louro, José Antonio

26,30

Ampliación vía

1140918NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.104

Blanco Paz, María Consuelo

26,30

Ampliación vía

1140918NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.104

Lamas Eiroa, María Teresa

26,30

Ampliación vía

1140918NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.104

Pallares Gómez, Antonio

26,30

Ampliación vía

6

1140919NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Residencial

1.184

Piñeiro Basadre, Rafael

13,80

Ampliación vía

1140919NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Residencial

1.184

Robles Vázquez, María del Carmen

13,80

Ampliación vía

7

1140920NH5913S

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.269

Trasdoval, S.L.

55,22

Ampliación vía

8

1140921NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

697

Rodríguez Patiño, Manuel

20,05

Ampliación vía

9

1140922NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

653

Rodríguez Patiño, Manuel

10,43

Ampliación vía

1140922NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

653

Barbeito Seijas, María

10,43

Ampliación vía

10

1140923NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.363

Rodríguez Busto, Eva

17,35

Ampliación vía

11

1140929NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

799

Talleres Mecánicos e Industriales, S.A.

29,12

Ampliación vía

1140929NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

799

Frío Coruña, S.L.U.

29,12

Ampliación vía

12

1140931NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.103

Louro Louro, José Antonio

22,67

Ampliación vía

1140931NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.103

Blanco Paz, María Consuelo

22,67

Ampliación vía

1140931NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.103

Lamas Eiroa, María Teresa

22,67

Ampliación vía

1140931NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.103

Pallares Gómez, Juan Antonio

22,67

Ampliación vía

16

15031A00500168

Paxariñas

Culleredo

Agrario

1.048

Fernández Vales, Rosa Albinia

89,26

Ampliación vía

15031A00500168

Paxariñas

Culleredo

Agrario

1.048

Santamariña Rodríguez, Francisco

89,26

Ampliación vía

17

15031A00500171

Berguiños

Culleredo

Agrario

1.950

Mariscal Gantes, Jorge

1.950,00

Ampliación de instalación

19

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Martínez López, Mercedes

294,79

Ampliación vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Aramburu, María Victoria

294,79

Ampliación vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Aramburu, Blanca

294,79

Ampliación vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Domínguez, María Jesús

294,79

Ampliación vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Carmona Iglesias, Elena

294,79

Ampliación vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Carmona Iglesias, Luis Francisco

294,79

Ampliación vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Carmona Iglesias, José María

294,79

Ampliación vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Carmona Iglesias, Inés

294,79

Ampliación vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Domínguez, Eulalia

294,79

Ampliación vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Domínguez, Margarita

294,79

Ampliación vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Martínez, Ana

294,79

Ampliación vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Martínez, María Cruz

294,79

Ampliación vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Martínez, Eva

294,79

Ampliación vía

20

15031A00500202

Ponte

Culleredo

Agrario

1.502

Ramos Calvete, Mercedes

1.468,00

Ampliación de instalacións e regularización de espazo libre

21

15031A00500204

Requeiro

Culleredo

Agrario

1.004

Doldán Ramos, José

961,00

Ampliación de instalacións e regularización de espazo libre

22

15031A00500262

Berguiños

Culleredo

Agrario

904

Barral Lousada, María

618,00

Regularización de espazo libre

23

15031A00500274

Cotenla

Culleredo

Agrario

964

Morano Gómez, Servando

84,33

Ampliación vía

ANEXO II

Disposicións normativas do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal
de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño,
situada en Alvedro (Culleredo)

TÍTULO I

Normas de carácter xeral

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Ámbito de aplicación

O ámbito de aplicación desta normativa correspóndese co definido como ámbito do proxecto sectorial, representado graficamente nos planos de ordenación.

Artigo 2. Natureza

1. Nesta normativa inclúese a regulamentación detallada do uso pormenorizado, volume, características técnicas e funcionais, condicións de deseño e de adaptación ao ambiente das infraestruturas, dotacións e instalacións obxecto do proxecto sectorial, atendendo á documentación exixida segundo o Decreto 80/2000, do 23 de marzo, que regula os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

De acordo co disposto na Lei do solo de Galicia 2/2016 e no regulamento que a desenvolve, inclúense as determinacións de ordenación básica propias do plan xeral para o solo urbanizable, e as do plan parcial.

2. A redacción deste proxecto sectorial enmárcase no seguinte contexto legal e normativo:

• Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

• Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

• Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

• Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

• Lexislación e normativa de carácter sectorial.

Artigo 3. Eficacia e vixencia

1. As determinacións contidas neste proxecto sectorial terán forza vinculante para as administracións públicas e para os particulares, e prevalecerán sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente.

2. O Concello de Culleredo deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido deste proxecto sectorial nun prazo máximo de 4 (catro) anos e, en todo caso, na primeira modificación ou revisión do mesmo.

3. A vixencia do proxecto sectorial estará suxeita ao cumprimento dos prazos establecidos nel.

Poderá declararse a súa caducidade no caso de que se incumpran os prazos para o seu inicio e terminación por causa imputable ao titular das obras, ou sexan interrompidas por tempo superior ao autorizado sen causa xustificada, agás obtención previa da correspondente prórroga que poderá outorgar a consellería que tramitou o proxecto.

A declaración de caducidade corresponderalle ao Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente por razón da materia que tramitou o proxecto sectorial, logo de informe da consellería competente en materia de urbanismo e audiencia dos interesados.

CAPÍTULO II

Réxime urbanístico do solo

Artigo 4. Clasificación do solo

Os terreos comprendidos polo ámbito deste proxecto sectorial atópanse clasificados no PXOU de Culleredo como:

• Solo non urbanizable de réxime normal.

• Solo non urbanizable de protección de ribeiras e canles na marxe do Rego da Regueira.

• Solo urbano.

Debido a que o dito planeamento non se atopa adaptado á Lei do solo de Galicia 2/2016, é de aplicación a disposición transitoria primeira da dita lei.

Dadas as afeccións que constan na cartografía do Plan básico autonómico, resulta así mesmo de aplicación en todo o ámbito o réxime de solo rústico de especial protección de infraestruturas (zona de servidume do aeroporto de Alvedro), e de especial protección de augas tamén no caso do afluente de Rego da Regueira.

A clasificación do solo asignada á totalidade do ámbito de ordenación será a de solo urbanizable industrial.

Será de aplicación o disposto na Lei do solo de Galicia 2/2016 respecto a esta categoría de solo.

b) Solo urbanizable industrial.

Consiste nun único sector cuxa ordenación detallada se inclúe no proxecto sectorial e queda definida a través dos parámetros contidos nesta normativa.

Artigo 5. Zonificación acústica

O planeamento vixente en Culleredo non incorpora ningún tipo de zonificación acústica.

A norma sectorial na materia, de aplicación no territorio nacional, é a Lei 37/2003, do ruído, desenvolvida polo Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, no relativo á avaliación e xestión do ruído estatal, e polo Real decreto 1367/2007 que desenvolve a Lei 37/2003 no referente a zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas.

Consonte o artigo 7 da Lei 37/2003 e tendo en conta que o ámbito de ordenación é de uso global industrial, e o seu contexto está regulado mediante ordenanzas de uso terciario e industrial, aplicarase o obxectivo acústico máis exixente respecto da contorna, que é o uso terciario correspondente con áreas acústicas de tipo «d», segundo a seguinte táboa (Real decreto 1038/2012, anexo II):

Táboa A. Obxectivos de calidade acústica para ruído aplicables a áreas urbanizadas existentes.

Tipo de área acústica

Índices de ruído

Ld

Le

Ln

e

Sectores do territorio con predominio de solo de uso sanitario, docente e cultural que requira unha especial protección conta a contaminación acústica

60

60

50

a

Sectores do territorio con predominio de solo de uso residencial

65

65

55

d

Sectores do territorio con predominio de solo de uso terciario distinto do recollido en c)

70

70

65

c

Sectores do territorio con predominio de solo de uso recreativo e de espectáculos

73

73

63

b

Sectores do territorio con predominio de solo de uso industrial

75

75

65

Artigo 6. Ordenación establecida

O proxecto sectorial establece a ordenación detallada do sector urbanizable e do solo rústico incluído na súa área de repartición, e para iso fixa:

• A división do ámbito en zonas de ordenanza, de modo que se determinen os usos pormenorizados, tipoloxías edificatorias e condicións da ordenación particulares.

• As determinacións necesarias para garantir o cumprimento das normas de aplicación directa, de adaptación ao ambiente e protección da paisaxe, da LSG 2/2016.

CAPÍTULO III

Instrumentos complementarios e proxectos de urbanización

Artigo 7. Estudos de detalle

Con posterioridade á aprobación definitiva do proxecto sectorial, poderán aprobarse estudos de detalle referentes ao seu ámbito, cos propósitos e limitacións previstos na LSG 2/2016 (artigo 79).

Artigo 8. Proxectos de urbanización

Os proxectos de urbanización redactaranse e tramitaranse de acordo co disposto no Regulamento da LSG 2/2016 (artigos 223, 224, 225 e 226).

TÍTULO II

Normas xerais de uso

Artigo 9. Clasificación dos usos

Mediante as normas xerais de uso establécese a regulación detallada dos usos pormenorizados, asignados pola ordenación do proxecto sectorial.

A regulación dos usos, de acordo coa zonificación establecida, realízase mediante os seguintes tipos:

a) Uso global. É o uso que o proxecto sectorial asigna ao ámbito con carácter principal ou dominante.

b) Uso pormenorizado:

• Uso permitido. É aquel que pode coexistir co uso principal ou ser alternativo ao uso pormenorizado nun ámbito concreto por non ser incompatible con el. Cando nun mesmo terreo ou edificación coincidan varios usos compatibles entre si, cada un deles deberá cumprir as normas contidas no presente título.

• Uso prohibido. É aquel que pola súa natureza non pode convivir e, polo tanto, non pode autorizarse no mesmo ámbito onde opera un uso global determinado. Considérase que un uso é prohibido cando non reúne a condición de permitido.

As condicións particulares que deben cumprir os distintos usos expóñense a continuación, sen prexuízo daquelas outras derivadas da normativa sectorial aplicable en materia de accesibilidade, seguridade, actividades molestas ou insalubres, protección do dominio público, etc.

Artigo 10. Definición dos usos

De acordo coa súa natureza, e para os efectos deste proxecto sectorial, defínense os seguintes: industrial, dotacional docente, terciario, espazo libre, viarios, aparcadoiro, e garaxe-aparcadoiro.

1. Uso industrial.

1.1. Definición.

Para efectos deste proxecto sectorial, defínese como uso industrial o correspondente aos establecementos dedicados ao conxunto de operacións necesarias para a obtención e transformación de primeiras materias, así como a súa transformación, elaboración de produtos, montaxe, empaquetado, envasado, transporte e distribución.

Tamén se inclúen neste uso os almacéns, tanto anexos como independentes, das instalacións industriais definidas no punto anterior, comprendendo como tales os espazos destinados a garda, conservación e distribución de produtos, materias primas ou artigos manufacturados, con subministración exclusiva a comerciantes grosistas, instaladores, fabricantes e distribuidores e, en xeral, aos almacéns sen servizo de venda directa ao público.

1.2. Condicións.

a) O edificio deberá dispoñer dunha zona de carga e descarga de mercadorías no interior da súa parcela e con acceso suficiente dende a vía pública, que permita a entrada e saída dos vehículos sen manobrar.

b) En caso de que as augas residuais non reúnan as condicións necesarias a xuízo dos servizos técnicos, serán sometidas a depuración previa á vertedura na rede de saneamento.

c) Cando, polas características das instalacións que poidan localizarse nos ámbitos industriais, se xeren residuos perigosos, deberase garantir a infraestrutura mínima para a recepción, clasificación e transferencia destes residuos, con capacidade suficiente.

d) Se, polas características dos residuos producidos pola industria, non poden ser recollidos polo servizo de limpeza domiciliario, deberán ser trasladados directamente ao vertedoiro por conta do titular da actividade.

e) Os materiais empregados na construción dos locais deberán ser incombustibles e de características acústicas que eviten a emisión ao exterior do edificio de ruídos con intensidades superiores ás establecidas na normativa sectorial.

2. Dotacional docente.

2.1. Definición.

Para efectos deste proxecto sectorial, defínese o uso dotacional docente como aquel que ten como fin ofrecer un servizo de formación relacionado coa actividade industrial e a conciliación da vida familiar e laboral.

2.2. Categorías.

• Categoría 1ª. Formación profesional relacionada coas técnicas de produción, deseño, materias primas, loxística, exposición de proxectos e produtos, etc.

• Categoría 2ª. Educación infantil.

2.3. Condicións.

• Os espazos destinados a formación deberán situarse fóra da circulación propiamente industrial, de materias primas, produtos e transportes pesados.

• O acceso dende o exterior a estes espazos cumprirá coas normas de accesibilidade como edificio de concorrencia pública.

• No caso da categoría 2ª:

– Aplicaranse as exixencias derivadas da normativa sectorial en materia de educación.

– Contará cun acceso que non interfira con usos industriais, e que poderá ser compartido con actividades de tipo administrativo ou técnico.

– Reforzarase no seu perímetro o illamento e acondicionamento acústico, co fin de garantir o confort do espazo e evitar a súa interferencia coa actividade industrial.

3. Espazo libre.

3.1. Definición.

Comprende os espazos ao aire libre, sobre o terreo ou sobre edificios, xerando espazos verdes ou axardinados, prazas ou espazos urbanos destinados ao lecer ou ao descanso relacionados co espazo exterior.

3.2. Categorías.

• Categoría 1ª. Responde aos espazos de titularidade e uso privado que quedan libres, ou sen edificar, non destinados a aparcadoiros nin a vías de tráfico rodado, cando, en aplicación dunha determinada ordenanza zonal non é posible ocupar a totalidade da parcela.

• Categoría 2ª. Son os espazos libres de titularidade pública, destinados ao lecer da poboación, mellorar as condicións ambientais e protexer as áreas naturais. Atópanse así recoñecidos na Zonificación de ordenación detallada.

3.3. Condicións.

• Para a categoría 1ª establécese a condición básica de mantelos en condicións hixiénicas, de salubridade e de ornato aceptables. Será de aplicación, polo tanto, a normativa sectorial en materia ambiental e de almacenamento de residuos.

• Na categoría 2ª serán de aplicación as seguintes:

a) Con carácter xeral, nestas zonas non se permitirá ningún tipo de edificación permanente. Cando se xustifique, por motivos de necesidade, admitirase a instalación de infraestruturas de servizo, preferiblemente baixo rasante ou con medidas de ocultación no caso de implantación en superficie.

b) Os peches, cando sexan necesarios, non superarán a altura de 0,50 metros con materiais opacos podendo acadar os 2,00 metros de altura mediante elementos diáfanos ou vexetais.

c) As zonas verdes e espazos libres de uso público, identificadas como SLE02 e SLEL03, deberán estar convenientemente urbanizadas coas súas correspondentes sendas peonís, camiños, escaleiras, acondicionamento vexetal, iluminación pública, rede de sumidoiros, abastecemento de augas necesario para o seu funcionamento e conservación, e de mobiliario urbano adecuado consonte o tipo de espazo libre.

d) Ás áreas cualificadas como sistema de espazo libre SLEL01 non se lles exixirá o mencionado estándar de urbanización pola súa estreita relación coa canle fluvial. As actuacións nesta zona respectarán con especial interese o medio natural e limitaranse á apertura ou acondicionamento de sendas peonís e dotación básica de mobiliario, tratando de que resulte integrado no contexto a través do seu deseño e materiais (bancos, papeleiras, sinalización...).

e) Os proxectos de urbanización deste tipo de espazos darán cumprimento da lexislación sobre accesibilidade e supresión de barreiras.

f) Permitirase a instalación de elementos de cubrición puntuais, que protexan da choiva ou do asollamento. Os ditos elementos deberán ser facilmente desmontables.

g) Manteranse as condicións fixadas no Regulamento da Lei do solo de Galicia para as zonas verdes (artigo 70).

4. Sistema viario e aparcadoiro de dominio público.

4.1. Definición.

O sistema viario neste proxecto sectorial identifícase como Camiño a Liñares. Conecta na actualidade o dito asentamento coa estrada N-550 mediante unha rotonda e constitúe o acceso directo ás instalacións industriais e ás zonas verdes.

O solo cualificado de sistema viario ten por finalidade servir de soporte ás infraestruturas viarias e os seus elementos funcionais, en reposta ás necesidades de circulación rodada e peonil.

O sistema viario estará composto polas seguintes partes:

• Zonas de tránsito rodado motorizado (calzada).

• Zonas de tránsito peonil e zonas de tránsito ciclista.

• Zonas de aparcadoiro de vehículos motorizados.

A dotación de aparcadoiro de dominio público defínese na ordenación detallada, accedendo directamente desde o sistema viario.

4.2. Condicións.

a) O sistema viario poderá acoller, coas limitacións impostas pola lexislación sectorial, a implantación de infraestruturas de servizo como abastecemento de auga, saneamento, electricidade, etc. que, preferiblemente e agás casos xustificados, se desenvolverán baixo rasante.

b) Nas zonas descritas non poderán autorizarse obras ou instalacións que non estean directamente vinculadas ou que non presten servizo á rede viaria, como poden ser as instalacións de sinalización, organización do tráfico, iluminación, etc.

c) Na zona de tránsito peonil poderán, ademais, incluírse os elementos de mobiliario urbano ao servizo do peón. A colocación destes elementos seguirá criterios tendentes a facilitar o tráfico peonil e, en calquera caso, deberá cumprir os criterios expostos na lexislación sectorial en materia de accesibilidade e supresión de barreiras.

d) Baixo rasante de todas as partes anteriormente descritas, autorizaranse as obras de instalacións e redes de servizos urbanos, así como a construción de aparcadoiros de titularidade pública.

e) As prazas de aparcadoiro terán unha dimensión mínima de 4,50x2,50 m2.

f) Nos planos de ordenación inclúense seccións viarias, que poderán ser perfeccionadas de modo xustificado mediante proxectos de urbanización.

g) Os proxectos de urbanización do sistema viario e aparcadoiros darán cumprimento da lexislación sobre accesibilidade e supresión de barreiras.

5. Terciario.

5.1. Definición.

Enténdese por uso terciario o correspondente aos establecementos de actividade comercial e prestación de servizos por parte do sector privado ao público, que poden aloxarse en edificios de uso exclusivo ou compartidos con outros usos.

5.2. Categorías.

Dentro do uso terciario diferéncianse as seguintes categorías:

• Categoría 1ª. Oficinas. Corresponde á prestación de servizos de carácter administrativo, técnico, financeiro, loxístico, de investigación, de produtividade, seguridade ou de servizos conexos.

• Categoría 2ª. Almacén. Trátase da prestación de servizos de garda, almacenaxe e conservación de materias primas, produtos manufacturados ou actividades propias de distribución comercial.

6. Garaxe-aparcadoiro.

6.1. Definición.

Denomínase garaxe-aparcadoiro o espazo destinado á estadía de vehículos, interior a unha edificación.

6.2. Categorías.

• Categoría 1ª. Garaxe aparcadoiro integrado en edificios doutros usos.

• Categoría 2ª. Garaxe aparcadoiro en edificio exclusivo.

6.3. Condicións.

Ademais das normas aplicables de carácter sectorial, os garaxes-aparcadoiro cumprirán as seguintes condicións:

a) As prazas de aparcadoiro terán unha dimensión mínima de 5,00x2,50 m2.

b) Do total de prazas de aparcadoiro reservarase un número de prazas para usuarios de mobilidade reducida, que se calculará en función da capacidade total, segundo a proporción fixada na normativa sectorial correspondente.

TÍTULO III

Normas xerais de edificación

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 11. Ámbito de aplicación

1. As normas xerais de edificación contidas no presente título serán aplicables ás existentes e ás futuras edificacións.

2. Nas obras de rehabilitación, reforma, e nova planta teranse en conta segundo se indique no correspondente ámbito de aplicación, polo menos as seguintes normativas e textos legais:

a) Lei 8/1997, do 20 de agosto, de supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o regulamento que a desenvolve (Decreto 35/2000).

b) Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.

c) O Real decreto 316/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o Código técnico da edificación, segundo o disposto no seu ámbito de aplicación.

Artigo 12. Clasificación das obras de edificación

As obras de edificación, para efectos de aplicación desta normativa, diferéncianse nos seguintes tipos:

• Obras de rehabilitación, consolidación ou ampliación de edificios existentes.

• Obras de demolición.

• Obras de nova edificación.

Artigo 13. Réxime aplicable ás edificacións existentes

Respectarase a posición actual, tipoloxía edificatoria e volumetría das edificacións existentes, de modo que non poidan considerarse en ningún caso fóra de ordenación.

CAPÍTULO II

Condicións de aproveitamento, posición e ocupación

Artigo 14. Parcela edificable

Considérase parcela edificable a que reúne as condicións mínimas para ser edificada segundo a ordenación detallada e regulación zonal proposta.

Artigo 15. Aliñacións

Son as liñas que separan o espazo público das parcelas privadas, representadas nos planos de ordenación detallada.

Artigo 16. Rasantes

Son os perfís lonxitudinais das vías e espazos públicos que serven como nivel oficial para efectos de medición de alturas nas frontes ás vías.

Artigo 17. Liña de edificación

É a liña que a futura edificación non debe superar e que pode ser:

1. Exterior: cando fai referencia á fachada de fronte da edificación.

2. Interior: cando se refire a outras fachadas distintas da exterior.

Artigo 18. Recuamento

1. Respecto da aliñación: é a franxa de terreo comprendida entre a liña de edificación e a aliñación, cando estas non coinciden.

2. Respecto a lindeiros: é a franxa de terreo comprendida entre a liña de edificación e os correspondentes lindeiros da parcela.

Artigo 19. Superficie ocupada

É a comprendida dentro dos límites definidos pola proxección vertical sobre plano horizontal, das liñas externas da construción, incluída a soterrada.

O coeficiente de ocupación expresa a relación porcentual entre a superficie que pode ser ocupada e a superficie de parcela neta.

Artigo 20. Superficie libre interior á parcela

É a parte de parcela neta, excluída a superficie ocupada pola edificación.

CAPÍTULO III

Condicións de volume e forma dos edificios

Artigo 21. Edificabilidade

É a relación entre a superficie construída e a superficie neta da parcela.

Computaranse todas as superficies edificables de carácter lucrativo, incluídas as construídas no subsolo e os aproveitamentos baixo cuberta, coa única excepción das superficies construídas no subsolo destinadas a aparcadoiros ou a instalacións de servizo do edificio, como as de calefacción, electricidade, gas ou análogas.

Artigo 22. Altura da edificación

É a dimensión vertical do edificio que sobresae do terreo. A dita dimensión poderá expresarse dos seguintes xeitos:

1. Pola distancia vertical en metros, medida desde a rasante da rúa, ata a cara inferior do último forxado construído. A medición farase no punto medio da fachada.

2. Polo número total de plantas a partir da rasante viaria.

No caso de edificios insertos nun contexto en pendente, deberán graduarse os volumes evitando superar en máis de 1,0 m a altura máxima establecida, nos puntos máis desfavorables respecto da cota de referencia.

Artigo 23. Plantas da edificación

1. Planta soto: é aquela que ten o teito debaixo da rasante en todos os seus puntos de contacto.

2. Planta semisoto: terá esta consideración aquela planta do edificio que cumpra as dúas condicións seguintes:

• O solo encóntrase baixo a rasante a unha distancia maior de 1,20 metros.

• O teito encóntrase por riba da rasante a unha distancia menor ou igual a 1,00 metro.

3. Planta baixa: terá esta consideración a planta inferior do edificio, cuxo teito se atope a unha altura superior a 1,00 m por riba da rasante.

4. Planta alta: será cada unha das plantas do edificio situadas por riba da planta baixa.

Artigo 24. Construcións permitidas por riba da altura máxima. Forma da cuberta

1. Xeneralidades.

As construcións e instalacións autorizables por riba da altura máxima, así como a forma e materiais para a realización da cuberta, serán as que a continuación se detallan.

Permítese o aproveitamento en baixo cuberta destinado a calquera uso previsto na ordenanza respectiva sen outra limitación que o cumprimento dos códigos de edificación e normas de actividade.

2. Forma da cuberta.

O deseño formal da cuberta será libre.

A cuberta poderá ser plana ou construída mediante planos inclinados non podendo exceder a altura da cumieira en máis de 4,10 metros desde a cara inferior do último forxado.

O plano de cuberta será continuo, sen acaneos nin resaltes innecesarios, a excepción dos elementos de instalacións como antenas, pararraios, climatizacións, chemineas ou caixa do elevador, que non poderán superar a altura de 3 m por riba do plano de cuberta, salvo excepción debidamente xustificada que non interfira coas servidumes derivadas do aeroporto da Coruña.

Artigo 25. Tipoloxía edificatoria

1. Edificación exenta. É aquela en que todas as fachadas se recúan respecto aos seus correspondentes lindeiros.

2. Edificación acaroada. É aquela que presenta unha medianeira compartida con outra edificación no seu lindeiro lateral.

3. Condominio. É a tipoloxía edificatoria que respecto aos lindes de parcela conforma edificio exento, e que se atopa constituída por varias edificacións ou divisións horizontais da propiedade sobre unha mesma parcela, compartindo o acceso privado á vía pública.

Artigo 26. Tipoloxía de peches

Os peches situaranse nas aliñacións sinaladas nos planos de ordenación.

Poderán ser de tipo opaco ata unha altura máxima de 0,80 m, desde a que poderán continuar ata os 2,00 m mediante sistemas ou materiais permeables á luz e á vista.

Na marxe suroeste do sector engadirase a partir dos 0,80 m unha cortina vexetal formado por especies autóctonas e que preferiblemente será de tipo perenne.

Os accesos, no caso de incorporaren portas de paso, deseñaranse en sintonía co peche en que se integren, gardando as mesmas proporcións de elementos opacos e permeables.

Non se permitirán elementos voados que superen a aliñación definida.

Deberá manter un aspecto digno e ser obxecto de mantemento periódico.

CAPÍTULO IV

Normas de integración ambiental e de estética

Artigo 27. Adaptación ao ambiente

As construcións e as instalacións deberán adaptarse ao ambiente en que se sitúen.

As instalacións industriais obxecto deste proxecto sectorial enmárcanse nun contexto dominado pola industria e o comercio de diferentes escalas. A integración nese escenario atenderá aos usos, tipoloxías edificatorias, composición das edificacións, volumes e materiais.

Aplicaranse medidas estéticas e de composición que permitan ofrecer unha imaxe equilibrada e respectuosa coa contorna natural, tendo en conta o contexto de periferia urbana e solo rústico.

Artigo 28. Estética do conxunto

A composición das edificacións será acorde coas existentes e, en todo caso, coas seguintes condicións:

1. Todos os paramentos exteriores da edificación deberán tratarse como fachadas, evitando os muros sen revestir ou con acabamentos provisionais.

2. As construcións auxiliares ou instalacións complementarias, deberán ofrecer un nivel de acabamento digno.

3. Na envolvente das edificacións, tanto de fachada como de cuberta, evitarase o uso indiscriminado de materiais que poidan producir escintileos debido ao reflexo da luz.

4. Tomaranse como referencia:

• Guía de cor e materiais de Galicia na composición cromática da envolvente, tendendo a solucións homoxéneas que acheguen unidade ao conxunto.

• Guía de boas prácticas para as actuacións nos camiños de Santiago.

• Guía de caracterización e integración paisaxística de valados.

• Guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos.

5. Evitarase a incorporación de rótulos comerciais de tamaño desproporcionado en relación co conxunto, que se deben agrupar en caso de que se opte por instalar varios e evitarase dirixilos á marxe sur en que discorre o Rego da Regueira, nin á marxe oeste sobre o crecemento disperso residencial en solo rústico.

6. A instalación publicitaria levarase a cabo no interior da parcela, ou na liña de peche, sen que se admitan voos sobre espazo público.

CAPÍTULO V

Normas de accesibilidade, seguridade e hixiene

Artigo 29. Condicións xerais de accesibilidade

En materia de accesibilidade, aplicarase:

• Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei 8/1997.

• Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.

• CTE-DB-SUA.

Terase en conta que, segundo o establecido na Lei 10/2014, consideraranse edificios públicos os destinados a un uso que implique concorrencia de público para a realización de actividades de interese social, recreativo, deportivo, cultural, educativo, comercial, administrativo, asistencial, residencial, relixioso, sanitario e outras análogas, ou polo público en xeral.

Artigo 30. Seguridade de uso e en caso de incendio

Aplicaranse as normativas sectoriais en seguridade de uso e seguridade de incendio, en función da actividade a que sexa destinada a edificación.

Artigo 31. Seguridade e hixiene nos espazos de traballo

As edificacións axustaranse ás disposicións establecidas na lexislación laboral, sanitaria e sectorial vixente.

TÍTULO IV

Normas de sustentabilidade ambiental e proteción do ambiente

Artigo 32. Disposicións xerais

O presente título fai referencia ás medidas preventivas, de control e correctoras das novas instalacións ou actividades, que poidan causar un efecto negativo nas condicións ambientais da contorna.

En calquera caso, será de aplicación a normativa sectorial específica vixente.

Artigo 33. Emisións atmosféricas

As emisións atópanse reguladas nos seguintes textos legais:

• Lei 8/2002, do 18 de decembro, de protección do ambiente atmosférico de Galicia.

• Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

• Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera.

Medidas preventivas:

a) Nos movementos de terra, obras e transporte de materiais evitarase a dispersión de partículas. Para iso, aproveitaranse condicións meteorolóxicas favorables, regaranse periodicamente as áreas que presenten partículas susceptibles de ser suspendidas no aire e evitarase o seu transporte descuberto.

b) Evitarase a acumulación de contaminantes no ambiente exterior, cumprindo coa regulamentaria altura mínima, velocidade e caudal dos efluentes.

c) Procurarase o emprego das mellores técnicas dispoñibles en cuestión de emisións.

d) Os labores susceptibles de emanar gases, vapores, etc. efectuaranse en espazos acondicionados para iso e con extraccións ao exterior de tipoloxía apropiada.

e) Os labores susceptibles de provocar olores molestos incorporarán as medidas correctoras e de captación directa de cheiros dispoñibles, e serán avaliadas aplicando os índices de medición de cheiros regulamentarios.

Artigo 34. Contaminación acústica e vibratoria

Tomarase como referencia o índice obxectivo acústico de uso terciario correspondente coas áreas acústicas de tipo «d», segundo o Real decreto 1038/2012, anexo II.

Serán de aplicación as normativas sectoriais vixentes na materia:

• Lei 37/2003, de ruído.

• Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, no referente á avaliación e xestión do ruído estatal.

• Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, no referente a zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas.

• Real decreto 1038/2012, do 6 de xullo, polo que se modifica o Real decreto 1367/2007, no referente a zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas

Medidas preventivas:

a) Os servizos técnicos municipais poderán realizar cantas comprobacións consideren necesarias. Para iso, facilitarase o acceso ás instalacións dos inspectores, en caso de que fose necesario.

b) Darase prioridade, como regra xeral, ao emprego de medidas redutoras inmediatas á fonte emisora, nos casos en que sexa posible.

c) Cando nun mesmo edificio convivan diferentes usos, aplicaranse medidas correctoras en teitos, pavimentos, carpintarías e paramentos verticais que separen ambas as actividades e permitan o normal desenvolvemento destas.

d) As actividades especialmente ruidosas cuxo impacto acústico se prevexa reducir a través da envolvente edificatoria deberán desenvolverse a porta pechada, evitando a propagación acústica permanente a través dos ocos de ventilación ou de acceso.

Artigo 35. Protección dos recursos hídricos

Respecto da protección das augas e dos recursos hídricos en xeral aplicaranse as disposicións da normativa sectorial vixente na materia:

• Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

• Regulamento do dominio público hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar I, IV, V, VI, VII e VIII do texto refundido da Lei de augas, aprobado polo Real decreto 1/2001, do 20 de xullo. Na consulta deste regulamento teranse en conta as modificacións aprobadas polo Real decreto 1315/1992, do 30 de outubro, Real decreto 606/2003, do 23 de maio, Real decreto 9/2008, do 11 de xaneiro, Real decreto 367/2010, do 26 de marzo, e Real decreto 1290/2012, do 7 de setembro.

• Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

• Real decreto 11/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproban os plans hidrolóxicos da demarcación hidrográfica Galicia-Costa. A súa normativa foi publicada o 16 de febreiro de 2016, no DOG número 33, mediante a Orde do 29 de xaneiro de 2016.

Medidas preventivas:

a) Estableceranse medidas para a optimización dos recursos hídricos coherentes coa Directiva 2000/60/CE e coa planificación hidrolóxica.

b) Prestarase especial atención aos traballos urbanizadores dos espazos libres na contorna fluvial.

c) A rede de sumidoiros deseñarase de modo que en caso de fortes choivas non se produzan desbordamentos que poidan desembocar directamente nos regos existentes.

d) Os materiais que, almacenados no exterior das edificacións, poidan resultar arrastrados pola choiva, deberán cubrirse axeitadamente.

e) Os espazos libres que na ordenación detallada se definen arredor das canles fluviais incorporarán vexetación de ribeira autóctona, e na medida do posible conservarán a existente.

f) A urbanización dos espazos públicos facilitará a drenaxe natural do terreo.

Artigo 36. Xestión dos residuos

Aplicaranse as disposicións contidas nos instrumentos de planificación, nas ordenanzas municipais e nas normativas sectoriais da materia.

• Lei 10/2008, de residuos de Galicia.

• Plan de residuos urbanos de Galicia.

• Plan de xestión de residuos industriais e solos contaminados.

Medidas preventivas:

a) Os residuos sólidos industriais depositaranse axeitadamente clasificados en contedores privados, no interior das parcelas.

b) En caso da existencia de residuos cualificados como perigosos pola normativa sectorial, ou de envases que os contivesen, o concello poderá condicionar a concesión de licenza de actividade ao emprego de medidas particulares oportunas para a súa xestión.

TÍTULO V

Afeccións derivadas da normativa sectorial

Artigo 37. Afeccións xeradas polo aeroporto da Coruña en Alvedro

A totalidade do ámbito do proxecto sectorial atópase incluída nas zonas de servidumes aeronáuticas correspondentes ao aeroporto da Coruña. As liñas de nivel das ditas servidumes determinan as alturas (respecto do nivel do mar) que non debe superar ningunha construción (incluídos todos os seus elementos tales como antenas, pararraios, chemineas, equipamentos de aire acondicionado, caixas de ascensor, carteis, elementos decorativos, etc.), modificacións do terreo ou obxecto fixo (postes, antenas, aeroxeradores, incluídas as súas pas, carteis, etc.) así como o gálibo das vías ou vía férrea.

Segundo o artigo 10 do Decreto 584/1972 de servidumes aeronáuticas, na súa actual redacción, a superficie comprendida dentro da proxección ortogonal sobre o terreo da área de servidumes aeronáuticas queda suxeita a unha servidume de limitación de actividades, en virtude da cal a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) poderá prohibir, limitar ou condicionar actividades dentro dela que poidan supoñer un perigo para as operacións aéreas ou para o correcto funcionamento das instalacións radioeléctricas. A dita posibilidade estenderase aos usos do solo que faculten para a implantación ou exercicio das actividades, e abranguerá entre outras:

a) As actividades que supoñan ou comporten a construción de obstáculos de tal índole que poidan inducir turbulencias.

b) O uso de luces, incluídos os proxectores ou emisores láser que poidan xerar perigos ou inducir a erro ou confusión.

c) As actividades que impliquen o uso de superficies grandes e moi reflectantes que poidan dar lugar a cegamentos.

d) As actuacións que poidan estimular a actividade da fauna na contorna da zona de movementos do aeródromo.

e) As actividades que dean lugar á implantación ou funcionamento de fontes de radiación non visible ou á presenza de obxectos fixos ou móbiles que poidan interferir no funcionamento dos sistemas de comunicación, navegación e vixilancia aeronáuticas ou afectalo negativamente.

f) As actividades que faciliten ou comporten a implantación ou o funcionamento de instalacións que produzan fume, néboa ou calquera outro fenómeno que supoña un risco para as aeronaves.

g) O uso de medios de propulsión ou sustentación aéreos para a realización de actividades deportivas ou de calquera outra índole.

Conforme o previsto no artigo 16 do Decreto 584/1972, de servidumes aeronáuticas, calquera emisor radioeléctrico ou outro tipo de dispositivo que poida dar orixe a radiacións electromagnéticas perturbadoras do normal funcionamento das instalacións radioeléctricas aeronáuticas, aínda non vulnerando as superficies limitadoras de obstáculos, requirirá da correspondente autorización.

Dado que as servidumes aeronáuticas constitúen limitacións legais ao dereito de propiedade en razón da función social desta, a resolución que para tales efectos se evacuase só poderá xerar dereitos indemnizatorios cando afecte dereitos xa patrimonializados.

A execución de calquera construción, instalación (postes, antenas, aeroxeradores –incluídas as pas–, medios necesarios para a construción (incluídos os guindastres de construción e similares) ou plantación, requirirá acordo favorable previo da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), conforme os artigos 30 e 31 do Decreto 584/1972 na súa actual redacción.

Artigo 38. Afeccións derivadas da proximidade do Camiño de Santiago Inglés

Unha pequena parte do ámbito do proxecto sectorial, correspondente coa conexión das súas vías principais e a estrada N-550, forma parte do territorio do Camiño de Santiago Inglés, tal e como recolle o Decreto 110/2014, do 4 de setembro, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago Inglés.

As obras que se realicen no ámbito incluído no territorio do Camiño, segundo a definición que respecto aos camiños de Santiago se inclúe no título VI da Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia, precisarán autorización da Consellería de Cultura e Turismo de acordo co disposto nos seus artigos 39 e 45.

Artigo 39. Afeccións derivadas da proximidade de canles fluviais

A protección do dominio público hidráulico desenvólvese no texto refundido da Lei de augas (Real decreto lexislativo 1/2001).

Na definición de ribeira incluída no seu artigo 6 fíxase:

• Unha franxa de 5 metros como servidume de uso público.

• Unha zona de policía de 100 metros de longo en que se condiciona o uso do solo e as actividades que se desenvolvan.

Dado que o proxecto sectorial inclúe dous cursos fluviais, o ámbito vese afectado pola zona de servidume e pola de policía.

A franxa de servidume queda incorporada aos sistemas de espazo libre.

Respecto das actuacións que se pretendan levar a cabo na zona de policía, observarase o disposto nos artigos 9 e 78 do Regulamento do dominio público hidráulico.

Artigo 40. Prevalencia da normativa sectorial

Resultarán de aplicación e prevalecerán sobre a normativa en materia sectorial, reflectida de forma gráfica ou escrita neste documento, as determinacións da correspondente normativa sectorial que se atope en vigor.

TÍTULO VI

Ordenanzas zonais

Artigo 41. Ámbito de aplicación

Con base en cada unha das zonas en que se divide o ámbito do proxecto sectorial, establécense as seguintes ordenanzas, que definirán os aproveitamentos e usos.

Artigo 42. División zonal

O ámbito divídese en zonas reguladas polas seguintes ordenanzas:

• Ordenanza 1. Industria.

• Ordenanza 2. Espazos libres.

• Ordenanza 3. Vías.

• Ordenanza 4. Aparcadoiro.

Artigo 43. Industria

1. Ámbito de aplicación.

A ordenanza Industria será de aplicación nas rúas con aproveitamento lucrativo definidos neste proxecto sectorial, diferenciando os seguintes graos:

• Grao 1: aplícase ao cuarteirón 1, recolle os edificios que conforman actualmente a sede do Grupo Caamaño, e onde se situarán parte das futuras ampliacións.

• Grao 2: aplícase ao cuarteirón 2, na marxe norte do ámbito de ordenación.

2. Condicións edificatorias.

2.1. Edificacións existentes, ordenanza grao 1:

a) As edificacións existentes respectaranse en todos os seus parámetros, tipoloxía, uso e localización.

b) As obras de reforma e rehabilitación que non supoñan ampliación de volume admitiranse en todo caso.

c) As obras de ampliación cumprirán cos parámetros edificatorios definidos para as obras de nova planta, e cos recuamentos definidos nos planos de ordenación detallada.

2.2. Novas edificacións, ordenanza grao 1 e 2.

1. Usos.

a) O uso pormenorizado característico é o industrial.

b) Usos permitidos:

• Industrial.

• Terciario, categorías 1ª e 2ª.

• Dotacional docente.

• Garaxe-aparcadoiro.

• Outros usos que requira a actividade industrial, debidamente xustificados.

c) Usos prohibidos: os non relacionados coa actividade industrial que impulsa o proxecto sectorial e, explicitamente, os residenciais en calquera categoría.

2. Aliñacións e rasantes. Son as definidas nos planos de ordenación detallada.

3. Recuamentos mínimos. Son os definidos nos planos de ordenación detallada.

4. Ocupación máxima. Non se fixa unha porcentaxe máxima de ocupación, non obstante deberanse cumprir as seguintes condicións:

a) Respectaranse os recuamentos mínimos fixados.

b) Manterase un espazo interior de manobra para transportes longos, que poderá ser cuberto ou descuberto.

c) Cumprirase, en conxunto, a reserva mínima de 331 prazas de aparcadoiro de dominio privado en superficie, ou interiores aos edificios, coa seguinte repartición, que deberá garantir as operacións previstas en cadanseu cuarteirón: C01: 293 e C02: 38.

5. Fronte mínima. Non se fixa fronte mínima en canto que non se permitirán novas parcelacións.

6. Parcela mínima. Non se establece parcela mínima e, dado que o uso regulado pola ordenanza 1 unicamente pode responder a actividades relacionadas coa actividade industrial para a que se impulsa o proxecto e xustifica a supramunicipalidade, non se permitirán parcelacións nos ámbitos por ela regulados.

7. Altura máxima. Con carácter xeral, limítase a altura máxima a 16 metros, e B+3 plantas. De forma excepcional poderase superar para a construción de elementos singulares (chemineas, guindastres, silos, etc.) necesarios para o normal funcionamento da actividade. Neste caso, o proxecto técnico deberá achegar a xustificación sobre a singularidade da construción ou instalación e a necesidade de desenvolvela en altura superando a limitación xeral.

8. Plantas soto e semisoto. Permítese a construción de sotos e semisotos axustándose á definición destes contida nesta normativa. As construcións soterradas deberán respectar os recuamentos mínimos fixados, que só poderán ser invadidos por elementos soterrados estruturais necesarios para a cimentación, contención de terras ou instalacións de servizos.

9. Edificabilidade. A edificabilidade total resultante é de 53.455 m2. Poderanse construír novas edificacións ata esgotar o dito aproveitamento, mais nos proxectos que se presenten para solicitude de licenza de obra deberá xustificarse a superficie xa edificada, co fin de que o conxunto non supere a dita edificabilidade total. Establécese a seguinte repartición por cuarteiróns: C01: 48.005 m2 e C02: 5.450 m2.

10. Tipoloxía. A tipoloxía edificatoria será de edificación acaroada, exenta ou condominio, formalizándose nun conxunto edificado que respecte os recuamentos mínimos fixados, e que pode incorporar divisións horizontais da propiedade en que se comparte como elemento común, polo menos, o acceso á vía pública. Dentro do condominio poderán formalizarse edificios acaroados ou illados.

Artigo 44. Espazo libre

1. Ámbito de aplicación.

Esta ordenanza será de aplicación nas zonas identificadas nos planos de ordenación detallada como espazos libres, que terán a consideración de sistemas locais de uso e titularidade pública.

2. Condicións.

Os espazos libres defínense na contorna de canles fluviais.

O deseño da urbanización destes espazos deberá ter en conta a natureza de ribeira dos seus terreos, mantendo e potenciando as súas características naturais.

a) Conservarase, na medida do posible, a vexetación autóctona de ribeira existente.

b) As especies vexetais que se introduzan serán tamén autóctonas e de carácter ripícola.

c) En cada un dos espazos libres definidos plantarase ou conservarase unha árbore cada 200 m2 de superficie, resultando un número mínimo de árbores de 83, cuxa distribución será libre ao longo do conxunto de espazo libre.

d) A circulación interior nestes espazos deseñarase a través de sendas de acabamento filtrante, reservando espazos diferenciados para o tráfico ciclista e peonil.

e) Integraranse na urbanización zonas destinadas a aparcadoiro de bicicletas.

f) Permitirase a instalación de pasarelas, sendas elevadas e pérgolas puntuais debidamente integradas. Evitaranse os acabamentos brillantes.

g) Procurarase a continuidade entre estes espazos e o sistema público viario.

Artigo 45. Vías

1. Ámbito de aplicación.

As vías públicas identifícanse como tal nos planos de ordenación detallada, correspondéndolle a aplicación desta ordenanza.

2. Condicións.

a) As vías principais, Camiño a Liñares, terán unha sección transversal mínima de 12 m.

b) No proxecto de urbanización definirase a sección detallada con separación de tráficos rodado, peonil e ciclista, tomando como base as seccións urbanas incluídas nos planos de ordenación detallada. As variacións que se propoñan deberán estar debidamente xustificadas e, en calquera caso, garantirase a continuidade dos itinerarios peonil, ciclista e motorizado.

c) Co obxecto de manter unha circulación fluída, non se permitirá o aparcamento de vehículos ao longo do viario.

d) Non se incorporará vexetación ao longo das vías, co fin de reducir o número de elementos que se interpoñan nos itinerarios de circulación. Con esta mesma pauta, escollerase o mobiliario urbano evitando unha ocupación excesiva das franxas útiles de circulación ciclista, peonil e motorizada.

Artigo 46. Aparcadoiro de dominio público

1. Ámbito de aplicación.

Nos planos de ordenación identifícase un espazo de aparcadoiro en que teñen cabida 196 prazas, dando cumprimento da reserva fixada para dominio público (LSG 2/2016).

2. Condicións.

a) O deseño do espazo de aparcadoiro deberá incorporar especies arbóreas, autóctonas, en consonancia coa introducida nos espazos libres.

Introduciranse un mínimo de 66 árbores de distribución libre, en cumprimento da reserva mínima establecida no Regulamento da Lei do solo de Galicia en proporción de 1 árbore por cada 3 prazas de aparcadoiro.

b) Permitirase a construción de plantas soto, sempre que sexan destinadas a aparcadoiro e servizos urbanos. En todo caso, deberá manterse un número mínimo de 140 de prazas de dominio público en superficie, e con acceso libre.

O dito espazo deberá ser xestionado pola Administración local, ou por un ente privado en réxime de concesión.

Artigo 47. Sistema de infraestruturas

1. Ámbito de aplicación.

Identifícase nos planos de ordenación como SIS.

2. Usos permitidos.

Só se permitirán os usos propios ou directamente vinculados coas instalacións ou servizos de infraestrutura urbana, considerando entre os usos non permitidos explicitamente o residencial.

3. Condicións.

a) Salvo necesidade debidamente xustificada, non se superará a altura máxima de 16 m.

b) Non se establecen recuamentos.

c) A superficie de parcela que non resulte ocupada sobre rasante deberá incorporar un acabamento axardinado, tratando de integrarse no espazo público lindeiro.