Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 19 de novembro de 2021 Páx. 56749

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 157/2021, do 4 de novembro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Ribeira dos treitos finais das estradas autonómicas AC-303 e AC-550.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Pleno da Corporación do Concello de Ribeira aprobou o 31 de maio de 2021 a solicitude de cambio de titularidade dos treitos finais das estradas autonómicas AC-303 e AC-550.

En concreto, solicítanse o treito comprendido entre os pp.qq. 5+440 e 8+160 da estrada AC-303 e o treito comprendido entre os pp.qq. 106+570 e 107+850 da estrada AC-550.

Os treitos finais das estradas AC-303 e AC-550 solicitados cumpren co estipulado no número 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, que establece que só se levarán a cabo cando se trate de treitos finais ou cando non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos cales forme parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente, a través da rede de estradas da Administración cedente ou das redes de estradas de titularidade de administracións de maior ámbito territorial.

Os ditos treitos posúen un tráfico rodado fundamentalmente de ámbito local, polo que carecen de funcionalidade dentro da Rede Autonómica de Estradas de Galicia.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos finais das estradas autonómicas AC-303 Oleiros (AC-550)-Corrubedo e AC-550 Cee (AC-552)-Ribeira (AC-305) PO-210 A definidos no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de novembro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Ribeira de:

Código

Denominación da estrada

p.q.i

Coordenadas

UTM (ETRS89) fuso 29

p.q.f

Coordenadas

UTM (ETRS89)

fuso 29

Lonx. (m)

AC-303

Oleiros (AC-550)-Corrubedo

5+440

X=494.918

Y=4.714.621

8+160

X=492.654

Y=4.713.766

2.720

AC-550

Cee (AC-552)-Ribeira (AC-305)

106+570

X=500.118

Y=4.713.098

107+850

X=500.538

Y=4.711.983

1.280

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de reflectir este cambio de titularidade.

O documento do catálogo modificado poderá consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/tema/c/CIV_Infraestruturas_Estradas

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Ribeira deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír os cambios de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Correspóndelle ao Concello de Ribeira, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular dos ditos treitos de estradas.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catro de novembro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade