Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 15 de novembro de 2021 Páx. 56165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se dá publicidade da declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, relativa ao proxecto do parque eólico Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña), promovido por AV Paxareiras, S.L.U. (expediente IN661A 2011/08).

Visto o establecido na disposición transitoria primeira da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, así como no artigo 12.3 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos,

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 22 de outubro de 2021, relativa ao proxecto do parque eólico Paxareiras II, sito no concello de Dumbría (A Coruña), promovido por AV Paxareiras, S.L.U. (clave 2011/0133), e que se poderá consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5-4º andar, 15781 Santiago de Compostela) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79/981 54 55 73.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2021

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais