Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 15 de novembro de 2021 Páx. 56166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2021-96 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: Concello de Chantada.

Domicilio social: praza de España, s/n, 27500 Chantada.

Denominación: LMTS e CS polígono industrial Os Acivros (Chantada).

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas principais:

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nunha cela existente na subestación de Chantada e final no CS existente ASMAYECT 27PQ72, cunha lonxitude de 7.123 metros en condutor tipo RHZ-240.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final nun paso aéreo a soterrado proxectado nun apoio existente da CHA-814, Convento, cunha lonxitude de 741 metros en condutor RHZ-240.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final nun empalme coa LMT soterrada CHA814, Convento a realizar en punto de acceso a rede existente, cunha lonxitude de 93 metros en condutor RHZ-240.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final nun empalme coa LMT soterrada CHA814, Convento a realizar en punto de acceso a rede existente, cunha lonxitude de 93 metros en condutor RHZ-240.

• Centro de seccionamento prefabricado, no cal se instala unha cela modular de liña, tres celas modulares de liña telecontroladas e unha cela de SS.AA.

Finalidade da instalación: mellora de subministro.

Orzamento: 1.106.289,81 €.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, de 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizarse a dirección de obra por técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 5 de novembro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo