Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 15 de novembro de 2021 Páx. 56079

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Administración Local, sobre clasificación do posto de traballo denominado adxunto/a á Intervención do Concello de Ames como posto reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala de secretaría-intervención.

Vista a solicitude presentada polo Concello de Ames sobre clasificación do posto de colaboración denominado adxunto/a á Intervención, emítese resolución en base aos seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro e único. O 24.9.2021 o Concello de Ames presentou no Rexistro da Dirección Xeral de Administración Local solicitude de clasificación dun posto denominado adxunto/a á Intervención como posto de colaboración á Intervención da entidade local, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional. Xunto con esta solicitude acompañou a seguinte documentación:

– Memoria xustificativa da clasificación do posto de colaboración adxunto/a á Intervención.

– Certificación da Intervención municipal acreditativa dos recursos de que dispón a entidade local segundo o último orzamento aprobado, polo importe de 29.888.817,03 €.

– Certificación da última cifra do padrón municipal, que ascende a un total de 32.564 habitantes.

– Certificación da Secretaría municipal do acordo do Pleno do Concello de Ames do 27.5.2021 polo que se aproba inicialmente a décima modificación puntual da relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Ames, na que se incluía a creación dun novo posto de traballo de adxunto/a á Intervención; do seu sometemento a información pública mediante anuncio publicado no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 105, do 7.6.2021 (desde o 8.6.2021 ata o 6.7.2021); da non presentación de alegacións durante o referido prazo de información pública e do anuncio de aprobación definitiva da citada décima modificación puntual da RPT publicado no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 134, do 19.7.2021.

– Certificación da Secretaría municipal do acordo do Pleno do Concello de Ames do 29.7.2021 polo que se aproba inicialmente a modificación do cadro de persoal que acompaña ao orzamento municipal do exercicio económico 2021 co obxecto de incluír os cambios realizados trala aprobación definitiva da 10ª modificación da RPT; do seu sometemento a información pública mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 144, do 2.8.2021 (desde o 2.8.2021 ata o 23.8.2021), da non presentación de alegacións durante o referido prazo de información pública e do anuncio de aprobación definitiva da citada modificación do cadro de persoal publicado no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 164, do 30.8.2021.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 92.bis, epígrafe 4, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (en diante LRBRL) dispón que o Goberno, mediante real decreto, regulará as especialidades da creación, clasificación e supresión de postos de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, así como as que poidan corresponder ao seu réxime disciplinario e de situacións administrativas.

As previsións contidas no citado precepto foron obxecto de desenvolvemento en virtude do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional (en diante RD 128/2018).

Segundo. O artigo 6 do RD 128/2018 establece que son postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional os que teñan expresamente atribuída, segundo corresponda, a responsabilidade administrativa das funcións reservadas de fe pública e asesoramento legal preceptivo, control e fiscalización interna da xestión económico financeira e orzamentaria e a contabilidade, tesouraría e recadación; debendo ser a relación de postos de traballo ou instrumento organizativo similar de cada entidade local onde queden reflectidas a denominación e características esenciais dos citados postos de traballo reservados.

Terceiro. Pola súa banda, o artigo 15 do RD 128/2018 regula a posibilidade das entidades locais de crear discrecionalmente outros postos de traballo que teñan atribuídas funcións de colaboración inmediata e auxilio ás de Secretaría, Intervención e Tesouraría. Estes postos de traballo estarán reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional e exercerán as súas funcións baixo a dependencia funcional e xerárquica dos titulares dos últimos postos de traballo mencionados.

A estes postos de colaboración corresponderanlles as funcións reservadas que, previa autorización do alcalde ou presidente da Corporación, lles encomenden os titulares dos postos reservados de Secretaría, Intervención e Tesouraría e a substitución destes últimos nos casos de vacante, ausencia, enfermidade ou concorrencia de causa de abstención ou recusación legal ou regulamentaria dos mesmos.

Cuarto. A clasificación destes postos de colaboración corresponde á Comunidade Autónoma de acordo cos criterios sinalados no artigo 15.3 do RD 128/2018, que na súa letra b) indica que nas entidades locais con postos de Secretaría e Intervención clasificados en clase 1ª os postos de colaboración ás funcións de intervención poderán clasificarse en 1ª, 2ª e 3ª clase, e ser adscritos, respectivamente, ás subescalas de Intervención-Tesouraría, categoría superior, Intervención-Tesouraría, categoría de entrada e á subescala de Secretaría-Intervención.

O Concello de Ames considera necesario a creación deste posto de colaboración debido ao crecente volume de traballo e carga administrativa e á variación e innovación continúa no marco normativo de referencia e á ausencia de persoal técnico cualificado nos servizos económicos do concello á marxe da interventora municipal. E todo iso coa finalidade de acadar unha mellora e maior eficacia/eficiencia nas actuacións propias da Intervención e xestión económica municipal e, por extensión, e dada a súa afectación transversal respecto do conxunto dos procedementos e/ou expedientes municipais, da actividade administrativa xeral do concello.

Quinto. O RD 128/2018 atribúelles ás comunidades autónomas, no seu respectivo ámbito territorial, a competencia para clasificar os postos reservados aos funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, regulando o artigo 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, as normas xerais para clasificación de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional.

O artigo 22.3.g) do Decreto 214/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, atribúe á Dirección Xeral de Administración Local a execución das competencias que, con respecto ao persoal funcionario con habilitación de carácter nacional, lle correspondan á Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude do anteriormente exposto, e tendo en conta o informe emitido polo subdirector xeral de Réxime Xurídico Local,

RESOLVO:

Primeiro. Clasificar o seguinte posto de colaboración do Concello de Ames denominado adxunto/a á Intervención, reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, coas seguintes características:

Denominación: adxunto/a á Intervención (clase 3ª).

Subescala: Secretaría-Intervención.

Forma de provisión: concurso.

Nivel de complemento de destino: 28.

Complemento específico: 19.956,25 €.

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e remitir a publicación á Dirección Xeral de Función Pública do Ministerio de Facenda e Función Pública.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, os interesados poderán interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. Así mesmo, a entidade local poderá presentar previamente requirimento no prazo de dous meses conforme ao disposto no artigo 44 da dita Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2021

Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración Local