Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 12 de novembro de 2021 Páx. 55914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 28 de outubro de 2021 pola que se notifica a resolución que decreta a caducidade do procedemento administrativo sancionador do expediente con número de referencia 13-17-21-02.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), notifícase a Segismundo Rial Ferradás, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado por non ser posible a notificación no domicilio, que en aplicación do previsto nos artigos 21.3 e 25.1.b) da LPAC o día 6 de outubro de 2021 o director de Portos de Galicia dictou resolución que decreta o arquivamento das actuacións correspondentes ao procedemento administrativo sancionador de referencia por caducidade destas, o que se entende sen perxuizo da tramitación dun novo procedemento en canto non se produza a prescrición da infracción.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2021

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia