Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 11 de novembro de 2021 Páx. 55771

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución da urbanización da rúa Galicia.

O Pleno do Concello de Salvaterra de Miño, na súa sesión extraordinaria e urxente do 2 de novembro de 2021, acordou proceder á aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución da urbanización da rúa Galicia, o cal, na súa parte dispositiva establece o seguinte:

Primeiro. Estimar parcialmente as alegacións presentadas por Mª Cristina González Alonso, no que se refire á descrición dos bens afectados e á súa valoración, de conformidade co informe técnico que figura no expediente.

Desestimar o resto de alegacións presentadas por Mª Cristina González Alonso, polos motivos expostos.

Segundo. Aprobar definitivamente o Proxecto de Expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución da urbanización da rúa Galicia, redactado pola empresa Topogray (Topografía y Servicios, S.L.).

A relación de propietarios suxeitos a expropiación é a seguinte:

(...)

De conformidade co artigo 118.10 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, este acordo de aprobación definitiva implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6º, 7º e 8º do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 118.11 da Lei 2/2016).

Terceiro. Aprobar, dispoñer e recoñecer o gasto pola cantidade de 267.875,75 euros a que ascende o prezo xusto, con cargo á partida correspondente do orzamento municipal.

Cuarto. Ordenar o pagamento ou, se é o caso, depósito, por importe total de 267.875,75 euros a favor dos interesados, de conformidade co proxecto de expropiación forzosa.

Quinto. Dar conta do presente acordo aos departamentos municipais de Intervención e Tesouraría, para os efectos oportunos.

Sexto. Notificar individualmente o presente acordo ás persoas interesadas titulares de bens e dereitos no expediente, indicándolles que se lles concede un prazo de vinte (20) días contados a partir do día seguinte ao da data de recepción da notificación, durante o cal poderán manifestar por escrito ante o órgano expropiante a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.

Advírteselles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou neste acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente, de conformidade co artigo 118.8 da Lei 2/2016.

En caso de que o expropiado rexeite a valoración contida na folla de valoración formulada pola Administración, daráselle traslado do expediente e da folla de valoración impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia para efectos de fixar o prezo xusto que, en todo caso, se fará de acordo cos criterios de valoración establecidos na lexislación vixente.

Se as persoas interesadas non formulan oposición á valoración no citado prazo de vinte días, entenderase aceptada a fixada neste acto aprobatorio do expediente, e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade.

Sétimo. Publicar o presente acordo, así como o anexo coa relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no BOE, DOG e no taboleiro de edictos do Concello de Salvaterra de Miño, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada esta non se puidese efectuar.

O cómputo do prazo de vinte días para estes interesados comezará desde o día seguinte ao da referida publicación no BOE. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oitavo. Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Noveno. Contra este acordo, que pon fin a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Pleno da Corporación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado competente, segundo o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo.

No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, no lugar do recurso de reposición, poderalle dirixir ao órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da recepción da notificación, para manifestala por escrito.

Décimo. Citar as persoas interesadas titulares de bens e dereitos no expediente para proceder ao pagamento do prezo xusto, que terá lugar o día 30 de novembro de 2021 ás 10.00 horas no Salón de Plenos do Concello.

Décimo primeiro. Unha vez efectuado o pagamento ou, se é o caso, depósito, procédase á ocupación dos bens expropiados e levántese acta de ocupación, nos termos contidos na lexislación estatal.

Décimo segundo. Unha vez levantada a acta de ocupación, remitirase o expediente ao Rexistro da Propiedade para a práctica dos asentos que correspondan.

Décimo terceiro. Dar conta á Comisión informativa de asuntos comprendidos na orde do día do Pleno, cumprindo o establecido no artigo 126.2 do ROF.

Para dar cumprimento ao establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o presente anuncio, que servirá de notificación para todos aqueles interesados/as que son descoñecidos/as, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar.

I. Visto que, de conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, e o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida produce os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que se continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

Polo anterior, procede fixar as datas en que se levantarán as correspondentes actas de pagamento e ocupación, de conformidade cos artigos 49 e 55 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

II. Segundo establece o artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, o pagamento do prezo xusto, soamente se fará efectivo, consignándose no caso contrario, a aqueles interesados que acheguen:

– No suposto de predios inscritos no Rexistro da Propiedade, certificación rexistral ao seu favor, en que conste que se estendeu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario. En caso de que existan cargas, deberán comparecer tamén os titulares delas.

– Para os predios que non estean inscritos no Rexistro da Propiedade, os títulos xustificativos do seu dereito, completados con certificacións negativas do Rexistro da Propiedade referidas aos mesmos predios descritos nos títulos. De existiren outros dereitos sobre o predio expropiado, deberán comparecer tamén os seus titulares.

Conforme o artigo 206 do citado Regulamento de xestión urbanística, se o expropiado non quere aceptar o prezo xusto, non achega títulos suficientes xustificativos do seu dominio, existe contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado, ou en xeral, se concorre algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa, a Administración consignará o seu importe na Caixa Xeral de Depósitos.

III. De conformidade co establecido no artigo 55.1 do Regulamento de expropiación forzosa, expedirase acta de ocupación da cousa ou dereito expropiado a continuación da de pagamento ou consignación. Para proceder ao levantamento destas actas deberán asistir os titulares persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, con poder suficiente do que achegará copia, provistos ademais dos seguintes documentos:

– Documentos orixinais acreditativos da súa titularidade.

– Documento nacional de identidade.

– Último recibo sobre o imposto de bens inmobles.

– Certificación bancaria co número de conta en que figure completo o número de conta (IBAN e BIC) e o conxunto de todos os titulares.

No caso de figurar o terreo a nome de herdeiros debe acreditar a sucesión, polo que debe achegar:

– Nome do titular defunto e título de propiedade.

– Certificado de defunción do causante.

– Certificado de últimas vontades.

– Testamento ou, na súa falta, declaración de herdeiros.

– DNI de todos os herdeiros.

No caso de terse realizado a partición de herdanza:

– Copia completa da escritura de partición, debendo marcar nela o predio identificado co expropiado.

Poden asistir acompañados pola súa conta, se o coida oportuno, dos seus peritos ou notario.

Non obstante, e como medida preventiva, conforme as recomendacións motivadas polo SARS-CoV-2, requírese que os ditos documentos, con carácter previo, sexan remitidos mediante correo electrónico ao enderezo secretaria2@concellodesalvaterra.org ou presentados no Rexistro do Concello de Salvaterra, indicando o nome do interesado e a referencia catastral. No caso de non resultar posible, deberá comparecer coa documentación orixinal e fotocopia.

IV. En consecuencia, convócanse os titulares de bens e dereitos afectados polo presente expediente para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación o día 30 de novembro de 2021, que terá lugar no Salón de Plenos do Concello nas horas e orde que se sinalan no documento anexo.

V. Notifíquese a presente resolución a todos os titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente expropiatorio, con indicación a cada un deles da data, hora e lugar en que se procederá ao levantamento das actas de pagamento e ocupación. Publíquese a resolución na sede electrónica do Concello de Salvaterra de Miño, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado. Neste último caso a publicación desta resolución servirá de notificación aos propietarios descoñecidos, dos que se ignore o seu domicilio, ou ben se, tentada a notificación, esta non se puido realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Salvaterra de Miño, 4 de novembro de 2021

Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa

ANEXO

Horario da convocatoria

Ref. catastral

Nome e apelidos

Día

Hora

1693008NG4519S0001MI

Maximino Groba Groba

30.11.2021

10.00 h

16936007NG4519S01001FI e 36050A001001160000PZ

Josefina Acuña Pazos

30.11.2021

10.30 h

36050A001080820000PW

1693009NG4519S0001OI e parte de 1693014NG4519S0001RI

Enrique Araújo Rodríguez

30.11.2021

11.00 h

1693015NG4519S0001DI

Dimas Pazos Lorenzo

30.11.2021

11.30 h

1693017NG4519S0001II

e 36050A001001130000PJ

Adoración González Soto

30.11.2021

12.00 h

1693016NG4519S0001XI

María Cristina González Alonso

Herdeiros de María Carmen Alonso Rodríguez

30.11.2021

12.30 h

1693006NG4519S0001TI

Lucas Soto Alonso

30.11.2021

13.00 h