Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 11 de novembro de 2021 Páx. 55716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto do parque eólico segunda ampliación Xiabre modificado, situado nos concellos de Catoira e Vilagarcía de Arousa, da provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2007/2-4).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante: Engasa Xiabre, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico 2ª ampliación Xiabre modificado.

Concellos afectados: Catoira e Vilagarcía de Arousa.

Potencia que se instalará: 18 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 5.

Produción neta anual estimada: 58.149,44 (MW/h ano).

Orzamento total (execución material): 13.864.086,36 €.

Coordenadas da poligonal de afección:

Vértices

X UTM

(H29 ETRS89)

Y UTM

(H29 ETRS89)

1

520.875

4.719.785

2

523.956

4.721.018

3

524.592

4.719.746

4

522.175

4.718.185

5

520.875

4.718.485

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM
(H29 ETRS89)

Y UTM

(H29 ETRS89)

Modelo

Altura

A01

522.202

4.720.022

V136-3.6 MW

82

A02

521.081

4.718.809

V126-3.6 MW

87

A03

521.397

4.718.612

V126-3.6 MW

87

A04

521.774

4.718.667

V126-3.6 MW

87

A05

522.067

4.718.423

V126-3.6 MW

87

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 5 aeroxeradores modelo VESTAS, 4 deles V126 de 3,6 MW de potencia unitaria, 126 m de diámetro de rotor e 87 m de altura e 1 V136 de 3,6 MW de potencia unitaria, 136 m de diámetro de rotor e 82 m de altura.

– 5 centros de transformación de relación 650/20.000 V e 4.000 kVA de potencia nominal aparente, xunto coas súas correspondentes celas ou cabinas de protección e manobra en media tensión, e os respectivos armarios de baixa tensión para os diferentes servizos.

– Rede de media tensión de 20 kV soterrada, dotada de dous circuítos con cables RHZ1 12/20 kV 3×1×240 mm2 Al, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e as liñas e a subestación existente do parque eólico Xiabre. Pola mesma canalización prevese a instalación de cables de terra de Cu de 50 mm2 e rede de comunicacións de fibra óptica.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) e relación de bens e dereitos afectados que figura no anexo desta resolución.

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 51.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avda. Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do Concello de Catoira (Edificio Multiusos, rúa do Concello, 1, 36612 Catoira) e do Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, n° 1, 36000 Vilagarcía de Arousa).

Pontevedra, 29 de outubro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico 2ª ampliación Xiabre modificado, nos concellos de Catoira
e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Apelidos e nome

Nº predio

Concello

Ref. catastral

Pol.

Parc.

Pleno dominio

Serv.
paso

Serv.
voo

CMVMC San Pedro de Cea
Presidente: Julián Abuín Fontenla

1

Vilagarcía de Arousa

36060A00600017

06

00017

1.028,87

5.950,36

CMVMC San Pedro de Cea
Presidente: Julián Abuín Fontenla

2

Vilagarcía de Arousa

36060A00600018

06

00018

8.042,38

16.769,87

2.121,55

CMVMC de Trabanca Sardiñeira

3

Vilagarcía de Arousa

36060A00600013

06

00013

3.403,69

7.450,37

CMVMC San Xens de Bamio
Presidente: Luciano García Gómez

4

Vilagarcía de Arousa

36060A00600014

06

00014

23.810,05

37.755,25

16.309,95

CMVMC San Pedro de Cea
Presidente: Julián Abuín Fontenla

5

Vilagarcía de Arousa

36060A00609001

06

09001

861,72

CMVMC San Mamede de Abalo
Presidente: Venancio Bouzas Conde

6

Catoira

36010A07800193

78

00193

2.620,41

CMVMC San Mamede de Abalo
Presidente: Venancio Bouzas Conde

7

Catoira

36010A07909002

79

09002

811,48

CMVMC San Mamede de Abalo
Presidente: Venancio Bouzas Conde

8

Catoira

36010A07800151

78

00151

934,07

CMVMC San Mamede de Abalo
Presidente: Venancio Bouzas Conde

9

Catoira

36010A07900001

79

00001

8.073,33

8.162,94

7.954,34

CMVMC San Mamede de Abalo
Presidente: Venancio Bouzas Conde

10

Catoira

36010A07809015

78

09015

86,64

CMVMC San Mamede de Abalo
Presidente: Venancio Bouzas Conde

11

Catoira

36010A07809006

78

09006

713,51

CMVMC San Mamede de Abalo
Presidente: Venancio Bouzas Conde

12

Catoira

36010A07809005

78

09005

1.618,88

CMVMC San Mamede de Abalo
Presidente: Venancio Bouzas Conde

13

Catoira

36010A07800003

78

00003

2.105,31

CMVMC San Mamede de Abalo
Presidente: Venancio Bouzas Conde

14

Catoira

36010A07909004

79

09004

45,42

Elena Bouza Loureiro

15

Catoira

36010A07800046

78

00046

639,02

Manuel Rodríguez Bouzas

16

Catoira

36010A07800044

78

00044

641,77

Dolores Taibo Rodríguez
María Isabel Taibo Rodríguez

17

Catoira

36010A07800022

78

00022

209,14

CMVMC San Mamede de Abalo
Presidente: Venancio Bouzas Conde

18

Catoira

36010A07800025

78

00025

375,51

Balbino Bouzas Loureiro

19

Catoira

36010A07830026

78

30026

478,97

CMVMC San Mamede de Abalo
Presidente: Venancio Bouzas Conde

20

Catoira

36010A07809004

78

09004

564,12

CMVMC San Mamede de Abalo
Presidente: Venancio Bouzas Conde

21

Catoira

36010A07800036

78

00036

1.615,11

Hros. de Pilar Maneiro Lorenzo

22

Catoira

36010A07820026

78

20026

558,44

En investigación

23

Catoira

36010A07810026

78

10026

334,68

En investigación

24

Catoira

36010A07900111

79

00111

16,87