Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 11 de novembro de 2021 Páx. 55721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 27 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN661A 2010/4-1, nos concellos de Vimianzo e Dumbría.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Alto da Croa II, no concellos de Vimianzo e Dumbría (expediente IN661A 2010/4-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias da Casa da Cultura do Concello de Vimianzo.

A Coruña, 27 de outubro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2010/4-1.

Entidade beneficiaria: Greenalia Wind Power Alto da Croa II.

Denominación da instalación: parque eólico Alto da Croa II.

Concellos: Vimianzo e Dumbría.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Data

Hora

161

Vimianzo

Herdeiros de Herminda Suárez Paz

16.12.2021

11.30

162

Vimianzo

Herdeiros de Herminda Suárez Paz

16.12.2021

11.30