Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 11 de novembro de 2021 Páx. 55726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 22 de outubro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Guimarás, a favor dos veciños/as de Guimarás, na parroquia de Santa Olaia de Esgos, no concello de Esgos (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 22 de setembro de 2021, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado de Guimarás, a favor dos veciños/as de Guimarás, na parroquia de Santa Olaia de Esgos, no concello de Esgos (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 31 de maio de 2019, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de David Martínez Martínez, no cal solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas de Guimarás.

Segundo. Con data do 25 de novembro de 2020, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abriu un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: de Guimarás.

Superficie: 24,97 ha.

Pertenza: veciños/as de Guimarás.

Parroquia: Santa Olaia de Esgos.

Concello: Esgos.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos incluídos na solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, aínda que está atravesado por un camiño correspondente á parcela coa referencia catastral 32032A00209014.

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencias catastrais

Estremas

Referencias catastrais

32032A002004910000JQ

32032A002007350000JH

Norte

32032A00200700

32032A00200699

32032A00200698

32032A00200697

32032A00200695

32032A00200696

32032A00209003

32032A00209001

32032A00200751

32032A00200752

32032A00200753

32032A00200679

32032A00200715

32032A00200681

32032A00200684

32032A00200685

32032A00200686

32032A00200716

32032A00200683

32032A00200687

32032A00200688

32032A00200689

32032A00200690

32032A00209014

32032A00200734

32032A00200733

32032A00200732

32032A00200731

32032A00200729

32032A00200727

32032A00200726

32032A00200725

32032A00200718

Leste

32038A04300038

32038A04300042

32038A04300055

32038A04300056

32038A04300057

32038A04300058

32038A04309005

32038A04300115

32038A04300116

32038A04360001

32038A04309005

Sur

32032A00200622

32032A00200595

32032A00200589

32032A00200590

32032A00200498

32032A00200497

32032A00200496

32032A00200495

32032A00200494

32032A00200477

32032A00200485

Oeste

32032A00200492

32032A00200222

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado de Guimarás, a favor dos veciños/as de Guimarás, na parroquia de Santa Olaia de Esgos, no concello de Esgos (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 22 de outubro de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense