Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 10 de novembro de 2021 Páx. 55590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se recoñece o centro Escuela Marina Coruña como escola de navegación de lecer (Enal Básica).

Antecedentes:

O centro Escuela Marina Coruña solicitou o recoñecemento como escola de navegación de lecer (Enal Básica).

Consideracións legais e técnicas:

1. Decreto 350/2021, do 11 de marzo, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG núm. 58, do 26 de marzo).

2. Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer (BOE núm. 247, do 11 de outubro).

3. Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 164, do 25 de agosto).

4. O Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras analizou a documentación e realizou as correspondentes inspeccións.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é a competente para resolver o expediente.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVE:

Recoñecer o centro Escuela Marina Coruña como escola de navegación de lecer (Enal Básica).

Segundo o artigo 7 da Orde do 31 de xullo de 1998, pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia, terá a consideración de centro colaborador da Administración nos temas que lle son propios.

Así mesmo, procédese á inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro co número de rexistro XGEN060. O domicilio fiscal está situado no Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, s/n, 15002 A Coruña.

A inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer, ten como finalidade a anotación, seguimento, control e inspección da escola recoñecida. Terá unha vixencia de cinco (5) anos, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución e deberá solicitar a súa renovación transcorrido ese prazo.

A escola está obrigada a comunicar ao rexistro calquera cambio que modifique as condicións en que foi recoñecida, como pode ser o cambio do/da instrutor/a ou da embarcación de prácticas.

Así mesmo, a escola poderá perder o seu recoñecemento e darse de baixa no rexistro por non renovar o recoñecemento, por incumprimento das súas obrigas ou por cesamento da actividade por máis de tres (3) anos. A resolución publicarase no DOG.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, desde a notificación da presente resolución, segundo se dispón nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2021

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro