Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 10 de novembro de 2021 Páx. 55588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 19 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican actos administrativos ditados nun procedemento (expediente 2021/56/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para notificarlle os actos administrativos ditados no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada ou do seu representante, debidamente acreditado, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por notificada ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que a resolución poderá ser impugnada ante o Xulgado de Primeira Instancia desta cidade que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, practicada por comparecencia, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social, segundo o artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte ao da notificación da resolución e da comunicación do inicio do trámite de audiencia, practicada por comparecencia, terá dez (10) días para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que considere procedente.

Lugo, 19 de outubro de 2021

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2021/56/27.

NIE: X5534778N.

Actos administrativos que se notifican:

– Modificación de medida administrativa do 30 de xullo de 2021.

– Comunicación do inicio do trámite de audiencia do día 3 de setembro de 2021.