Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 10 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Campos Vellos, situado nos concellos de Boborás e Beariz, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2019/77).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; e no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

• Solicitante: Greenalia Wind Power Campos Vellos, S.L.U.; CIF: B70598693.

• Denominación do proxecto: parque eólico Campos Vellos.

• Concellos afectados: Boborás e Beariz (Ourense).

• Potencia que se vai instalar: 30 MW.

• Número de aeroxeradores: 6 x 5 MW de potencia nominal unitaria.

• Produción neta anual estimada: 103.303 MWh/ano.

• Orzamento total (execución material): 23.285.545,51 €.

• Localización: (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89).

Coordenadas que definen a poligonal do parque eólico:

Vértice

UTM-X

UTM-Y

1

561.136

4.705.342

2

560.792

4.704.298

3

561.352

4.700.751

4

562.351

4.699.359

5

564.350

4.701.267

6

564.374

4.704.340

7

563.535

4.705.048

Esta poligonal ocupa un total de 1.589,5 ha.

As coordenadas previstas en proxecto para os aeroxeradores e para o centro de seccionamento e control (CSC) son:

UTM-X

UTM-Y

AE 01

563.754

4.703.391

AE 02

563.693

4.703.010

AE 03

563.798

4.702.560

AE 04

562.797

4.701.405

AE 05

563.070

4.701.278

AE 06

562.454

4.700.262

CSC

583.780

4.703.305

As coordenadas previstas en proxecto para a torre anemométrica son:

Torre

UTM-X

UTM-Y

Torre anemométrica

563.649

4.703.748

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 6 aeroxeradores modelo SG 145 de 5 MW de potencia unitaria do fabricante Siemens Gamesa, cunha altura de buxa de 102,5 m, diámetro de rotor de 145 m, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia nacelle dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 5.000 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento e control (CSC), composta por tres circuítos con condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV de sección 240 mm2: o circuíto 1 para a interconexión dos aeroxeradores AE 04, AE 05 e AE 06, circuíto 2 para os AE 03 e AE 02, o circuíto 3 para o AE 01.

– Centro de seccionamento e control (CSC) do parque, PFU en envolvente de formigón monobloque, con celas de entrada e saída de liña a 30 kV, de protección con interruptor automático Inom 1250 A, e de medida de tensión, así como un centro de transformación para SSAA, de 50 kVA R/T: 30/0,4 kV, coas correspondente proteccións. Equipos de control do parque composto por PC e software tipo Scada para a supervisión local e remota de instalacións e de equipo de medida e facturación.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre CSC e a subestación colectora prevista anexa a subestación Beariz 400 kV, composta por dos ternas con condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV de sección 400 mm2.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental das instalacións. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (asinado electronicamente 9.2.2021).

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados (RBDA-outubro 2021).

3. Planos parcelarios (RBDA-outubro 2021).

4. O estudo de impacto ambiental (EIA) (revisión de febreiro de 2021).

5. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (asinado electronicamente o 9.2.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran nas relacións anexas a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Toda a documentación pódese examinar na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A documentación sometida a información pública estará tamén dispoñible, durante o sinalado prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Ourense, 10 de outubro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados polo parque eólico Campos Vellos (expediente IN408A 2019/77)
nos concellos de Boborás e Beariz (Ourense)

Proxecto: parque eólico Campos Vellos.

Entidade beneficiaria: Greenalia Wind Power Campos Vellos, S.L.U.

Concellos: Beariz e Boborás.

Predio

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Titularidade proposta

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

T. meteo

Servi. de paso

Servi. voo

Ocupac. temp. (amoreamentos)

Pol.

Parc.

Cim.

Plat.

CSC

Vía

Gabia

Concello de Beariz

1

Veciños de Magros (rep. José Francisco Lamas Valiñas)

003

00009

Monte Pena Marela

Matogueira/improdutivo

346

5.268

 

 

2.132

672

12.634

 

2

Veciños de Magros (rep. José Francisco Lamas Valiñas)

003

00004

Monte Pena Marela

Matogueira/improdutivo

 

 

 

 

1.436

1.958

 

 

3

Veciños de Magros (rep. José Francisco Lamas Valiñas)

003

00003

Monte Pena Marela

Matogueira

 

 

 

 

148

 

 

 

4

Veciños de Magros (rep. José Francisco Lamas Valiñas)

003

00005

Monte Pena Marela

Matogueira

 

25

 

 

1.516

1.398

629

 

5

Veciños de Magros (rep. José Francisco Lamas Valiñas)

003

00014

Monte Pena Marela

Matogueira

 

121

 

 

952

698

 

 

6

Veciños de Magros (rep. José Francisco Lamas Valiñas)

005

00001

Monte Marcofán

Matogueira/improdutivo

692

13.642

 

 

6.547

2.236

20.895

 

Concello de Boborás

7

CMVMV Sonelle (presidenta Anita Lugo López)

048

01107

Costa

Matogueira/piñeiral madeirable/improdutivo

346

5.963

 

 

15.470

8.322

13.427

 

Concello de Beariz

8

Veciños de Magros (rep. José Francisco Lamas Valiñas)

005

00002

Monte Marcofán

Matogueira/improdutivo

 

 

 

 

 

3.042

 

 

Concello de Boborás

9

CMVMV Sonelle (pdta. Anita Lugo López)

047

01154

Campos Vellos

Matogueira/piñeiral madeirable/improdutivo

692

12.909

301

 

2.379

1.198

19.640

97

10

CMVMV Sonelle (pdta. Anita Lugo López)

047

01544

Lombao

Matogueira

 

 

 

 

252

2.210

 

 

11

CMVMV Sonelle (pdta. Anita Lugo López)

047

01500

Rego de Cerdeira

Matogueira

 

 

 

529

1.124

14

 

 

12

CMVMV Sonelle (pdta. Anita Lugo López)

049

0159

Coto

Matogueira

 

 

 

 

100

 

 

 

13

CMVMV Sonelle (pdta. Anita Lugo López)

049

0158

Coto

Matogueira

 

 

 

 

73

 

 

 

Concello de Beariz

14

Comunidade de Montes en Man Común de Muradás

007

00001

Monte Chancela

Piñeiral madeirable/carballo/matogueira

 

 

 

 

 

4.218