Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 15 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Cenlle e San Amaro (expediente IN407A 2021/144-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA ALB804, apoio nº 36-53.

Situación: lugar de Cima de Vila (Cenlle e San Amaro).

Características principais recollidas no proxecto:

– Substitución na LMTA ALB804, a 20 kV, dos apoios números 36-51, 36-52 e 36-53, de tipo HV, por deterioración ou por seren inadecuados para a nova situación, instalando no seu lugar novos apoio de celosía metálica con retensamento do condutor existente de tipo LA-30.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, en Ourense o 5 de marzo de 2021.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación se pode examinar na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 15 de outubro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2021/144-3.

Termo municipal: Cenlle e San Amaro.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB804, apoio núm. 36-53.

Predio núm. en proxecto: 1/1-San Amaro.

Lugar: Xesto.

Cultivo: mato.

Titular: hdros. Higinio Lamas Lorenzo.

Afección: superficie 1 m2 de ocupación para o apoio núm. 36-51.

Predio núm. en proxecto: 1-San Amaro.

Lugar: Lameiro.

Cultivo: mato.

Titular: María Fernández Vázquez.

Afección: superficie 1 m2 de ocupación para o apoio núm. 36-51.

Predio núm. en proxecto: 3-Cenlle.

Lugar: Rodal.

Cultivo: monte alto.

Titular: Manuel Fernández Seoane.

Afección: superficie 2 m2 de ocupación para o apoio núm. 36-53.