Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 3 de novembro de 2021 Páx. 53885

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle do Camiño do Regueiro.

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 7 de outubro de 2021, acordou rexeitar as alegacións presentadas fronte á aprobación inicial do estudo de detalle do Camiño do Regueiro, con base no fundamentado no informe emitido polo redactor do estudo de detalle Alfredo Garrote Pazos do 6.6.2021 e aprobar definitivamente o estudo de detalle do Camiño do Regueiro, conforme o documento de aprobación definitiva asinado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos o 6.6.2021.

A eficacia deste acordo e a entrada en vigor do estudo de detalle do Camiño do Regueiro, conforme o estipulado no artigo 82.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, quedan condicionadas á súa publicidade, conforme o artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, á inscrición do estudo de detalle no ROTPU conforme o artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e ao transcurso do prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar na sede electrónica do Concello de Fene, na seguinte ligazón:

sede.fene.gal/opencms/gl/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20211019103005171.html

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Fene, 27 de outubro de 2021

Juventino José Trigo Rey
Alcalde