Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 2 de novembro de 2021 Páx. 53715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 27 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición RR/AXI/CIM/2019/00034.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do Consello Reitor da Axencia Galega de Infraestruturas (por delegación, Resolución do 20 de xullo de 2016, DOG núm. 145, do 2 de agosto, o secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade) pola que se desestima o recurso de reposición RR/AXI/CIM/2019/00034, interposto contra a resolución do procedemento sancionador e de restitución da legalidade en materia de estradas identificado co código SA/CIV/18/00018, porque, tentada a súa notificación nos termos do artigo 42 da citada lei, esta non se puido practicar.

Segundo establece o artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico II da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade situadas no Complexo Administrativo de San Caetano, edificio 5, planta baixa, en Santiago de Compostela (A Coruña), para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o devandito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Faise saber que contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderá formular un recurso contencioso-administrativo ante, á súa elección, o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición teña o seu domicilio a persoa demandante, entendéndose limitada esta posibilidade de elección aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ou ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 41 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, nos termos do citado artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2021

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Expediente: RR/AXI/CIM/2019/00034.

Interesado: Francisco Domínguez Soto.

Resolución: desestimatoria.