Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 2 de novembro de 2021 Páx. 53717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade da resolución do expediente con código PO-00011378Q(1.1).

Antecedentes.

Primeiro. Con data do 19.12.2019 tivo entrada o expediente con código PO-00011378Q(1.1) e titulado Proxecto de ordenación forestal Serra do Eixo.

Segundo. Con data do 4.10.2021 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático resolveu formular o informe de impacto ambiental do proxecto de ordenación forestal no MVMC Serra do Eixo, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), promovido pola CMVMC Candeda, Carballeda, Casoio, Domiz, Pusmazán, Riodolas, Robledo, Santa Cruz, Soutadoiro, Ricosende, Viladequinta, Alixo, Raxoá e Millarouso, concluíndo que non son previsibles efectos significativos sobre o ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria.

Terceiro. Con data 13.10.2021 asínase pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal a resolución do expediente con código PO-00011378Q(1.1) e titulado Proxecto de ordenación forestal Serra do Eixo, concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense, segundo o artigo 81.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Cuarto. De conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, o órgano substantivo, no prazo máis breve posible, e en todo caso, antes dos quince días hábiles desde que adopte a decisión de autorizar ou denegar o proxecto, remitirá ao diario oficial correspondente, para a súa publicación un extracto do contido da dita decisión.

Así mesmo, publicará na súa sede electrónica unha referencia ao diario oficial correspondente no cal se publicou a declaración de impacto ambiental e o extracto sobre a decisión de autorizar ou denegar o proxecto.

Polo anteriormente exposto,

RESOLVO:

Facer pública a resolución de aprobación citada no antecedente terceiro de conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Expediente: PO-00011378Q(1.1) Primeira presentación do Proxecto de ordenación forestal Serra do Eixo.

A citada resolución poderase consultar na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/ordenacion/instrumentos-de-ordenacion-ou-de-xestion-forestal 

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2021

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal