Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 15 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20211134AE-PO por infracción en materia sanitaria.

O 31 de agosto de 2021 a xefa territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20211134AE-PO contra a persoa titular do DNI 35272070Y.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que, mediante este anuncio, se notifica á persoa titular do DNI 35272070Y o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 15 de outubro de 2021

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 20211134AE-PO.

DNI da persoa denunciada: 35272070Y.

Último enderezo coñecido: estrada La Magdalena, 42, 36945 Cangas.

Feito imputado: suposta infracción do previsto en:

• Artigo 4 do Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19:

Deber de cautela e protección: todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición aos ditos riscos, consonte o que se establece neste real decreto lei [...].

• Artigo 15 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia:

Artigo 15. Deberes: a cidadanía, en relación coas institucións e cos organismos do Sistema público de saúde de Galicia, ten os seguintes deberes e obrigas: 1. Cumprir as prescricións xerais de natureza sanitaria comúns a toda a poboación, así como as específicas determinadas polos servizos sanitarios [...].

• Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, modificado polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xuño.

Punto 1.5. As persoas que sexan consideradas caso sospeitoso ou probable de infección polo virus SARS-CoV-2, por ter infección respiratoria aguda grave con cadro clínico ou radiolóxico compatible coa COVID-19, ou que se atopen pendentes dos resultados de probas diagnósticas por este motivo, as que sexan consideradas como caso confirmado con infección activa e as consideradas contacto estreito dun caso sospeitoso, probable ou confirmado, deberán seguir as condicións de illamento ou corentena que lles sexan indicadas desde os dispositivos asistenciais ou de saúde pública, sen poder abandonar o seu domicilio ou lugar de illamento ou corentena en ningún caso, salvo autorización expresa do servizo sanitario por causas debidamente xustificadas.

• Anexo da Orde do 29 de agosto de 2020 pola que se aproba o Protocolo de actuación da Consellería de Sanidade en materia de saúde pública en relación con illamentos e corentenas para a prevención e o control da infección polo SARS-CoV-2 e se ditan instrucións para a tramitación dos procedementos sancionadores nestes casos:

IV. Medidas no caso de falta de cumprimento voluntario do illamento ou da corentena.

1. A falta de cumprimento voluntario do illamento ou da corentena nos termos indicados, respectivamente, nos puntos anteriores, supón, dada a transmisibilidade da infección anteriormente exposta, un risco para a saúde de terceiras persoas á vez que dificulta o control da propagación da enfermidade. (...).

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 42.e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia: «O incumprimento, por neglixencia grave, dos requisitos, das condicións, das obrigas ou das prohibicións establecidas na vixente lexislación en materia sanitaria, así como calquera outro comportamento que supoña imprudencia grave, sempre que ocasionen alteración ou risco sanitario, aínda que sexan de escasa entidade. E o mesmo incumprimento e comportamento cando, cometidos por neglixencia simple, produzan risco ou alteración sanitaria grave. Para os efectos desta alínea, constituirá un suposto de neglixencia a omisión do deber de control ou a falta dos controis ou das precaucións exixibles na actividade, no servizo ou na instalación da que se trate».

Sanción proposta: tres mil un euros (3.001,00 €).