Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52382

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 141/2021, do 14 de outubro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Silleda das estradas autonómicas PO-210 e PO-211.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Silleda solicitou, o día 4 de decembro de 2020, a cesión das vías autonómicas PO-210 e PO-211 que unen a poboación de Silleda coas estacións ferroviarias.

As estradas PO-210 A Bandeira (N-525)-Estación FFCC da Bandeira de 2,01 km de lonxitude e PO-211 Silleda (N-525)-Estación FFCC de Silleda, cunha lonxitude de 3,37 km discorren na súa totalidade polo concello de Silleda e teñen un tráfico rodado de ámbito fundamentalmente local. Estas características fan que as ditas estradas carezan de funcionalidade dentro da Rede Autonómica de Estradas de Galicia.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade da totalidade das estradas autonómicas PO-210 A Bandeira (N-525)-Estación FFCC da Bandeira e PO-211 Silleda (N-525)-Estación FFCC de Silleda definidas no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de outubro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Silleda de:

Código

Denominación

PQi

Coordenadas

UTM (ETRS89) fuso 29

PQf

Coordenadas

UTM (ETRS89)

fuso 29

Lonx. (m)

PO-210

A Bandeira (N-525)-Estación FFCC da Bandeira

0+000

X = 556.829

Y = 4.731.193

2+010

X = 556.921

Y = 4.732.823

2.010

PO-211

Silleda (N-525)-Estación FFCC de Silleda

0+000

X = 561.670

Y = 4.727.495

2+300

X = 561.080

Y = 4.729.536

2.300

2+440

X = 561.155

Y = 4.729.530

3+510

X = 561.871

Y = 4.730.011

1.070

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede Autonómica de Estradas de Galicia aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de reflectir este cambio de titularidade.

O documento do Catálogo modificado poderá consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/tema/c/CIV_Infraestruturas_Estradas

Artigo 2

En aplicación dos puntos 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Silleda deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír os cambios de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade serán efectivos ao día seguinte da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Correspóndelle ao Concello de Silleda, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de outubro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade