Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52385

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 142/2021, do 14 de outubro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción Fomento da mobilidade sustentable, senda na OU-101, treito Montealegre (puntos quilométricos 1+100-1+680), e na OU-150, treito Valdorregueiro (puntos quilométricos 0+000-1+000), de clave OU/16/273.06, no concello de Ourense.

Antecedentes:

Primeiro. O día 3 de xuño de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia (número 103) o Anuncio do 11 de maio de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción Fomento da mobilidade sustentable, senda na OU-101, treito Montealegre (puntos quilométricos 1+100-1+680), e na OU-150, treito Valdorregueiro (puntos quilométricos 0+000-1+000), de clave OU/16/273.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise dos informes, alegacións e certificados presentados, o 5 de outubro de 2021 apróbase o expediente de información pública e o proxecto de construción Fomento da mobilidade sustentable, senda na OU-101, treito Montealegre (puntos quilométricos 1+100-1+680), e na OU-150, treito Valdorregueiro (puntos quilométricos 0+000-1+000), de clave: OU/16/273.06.

O obxecto do presente proxecto consiste na creación de dous itinerarios peonís e ciclistas nas estradas OU-101 e OU-150 que se recollen no proxecto construtivo que nos ocupa.

As actuacións que se recollen no proxecto son as seguintes:

– Na marxe dereita da estrada OU-101, proxéctase unha senda continua que parte da beirarrúa existente e se prolonga ata o refuxio da parada do bus existente nesta marxe.

– Na marxe dereita da estrada OU-150, proxéctase unha senda desde o cruzamento coa N-525 ata o comezo do treito coa ponte existente sobre o Rego de Valdorregueiro.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que da lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de outubro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción Fomento da mobilidade sustentable, senda na OU-101, treito Montealegre (puntos quilométricos 1+100-1+680), e na OU-150, treito Valdorregueiro (puntos quilométricos 0+000-1+000), de clave OU/16/273.06.

Santiago de Compostela, catorce de outubro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade