Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 25 de outubro de 2021 Páx. 52122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, co procedemento ordinario 339/2021.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, tramítase o recurso 339/2021 (procedemento ordinario), interposto por Raquel Antón García fronte á:

– Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 3 de novembro de 2020 (DOG número 228, do 11 de novembro do mesmo ano), pola que se publican as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso na categoría de fisioterapeuta.

– Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 16 de febreiro de 2021 (DOG número 37, do 24 de febreiro do mesmo ano), pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de fisioterapeuta, convocado pola Resolución do 3 de maio de 2019, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

– Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 16 de abril de 2021 (DOG número 81, do 30 de abril do mesmo ano), pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de fisioterapeuta e se inicia o prazo para a elección de destino.

– Resolución da Dirección Xeral do Servizo Galego de Saúde, do 21 de maio de 2021 (DOG número 106, do 7 de xuño do mesmo ano), pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de fisioterapeuta, convocado pola Resolución do 3 de maio de 2019.

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2021

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos