Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 25 de outubro de 2021 Páx. 52124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, co procedemento ordinario 425/2021.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 1, tramítase o recurso 425/2021 (procedemento ordinario), interposto por Plácido Rodríguez Martínez e Fernando Aneiros Bellas fronte á Resolución do 18 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de condutor/a (DOG núm. 126, do 5 de xullo).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2021

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos