Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 22 de outubro de 2021 Páx. 51544

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO do 24 de setembro de 2021 de notificación a titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

22.6.2021

15029A05900377

Erbecedo (San Salvador), Coristanco, A Coruña 059

00377

Descoñecida

22.6.2021

15029A05900380

Erbecedo (San Salvador), Coristanco, A Coruña 059

00380

Descoñecida

21.6.2021

15029A06000150

Erbecedo (San Salvador), Coristanco, A Coruña 060

00150

Descoñecida

21.6.2021

15029A06100142

Erbecedo (San Salvador), Coristanco, A Coruña 061

00142

Descoñecida

21.6.2021

15029A06100301

Erbecedo (San Salvador), Coristanco, A Coruña 061

00301

Descoñecida

21.6.2021

15029A06200255

Erbecedo (San Salvador), Coristanco, A Coruña 062

00255

Descoñecida

22.6.2021

15029A06300396

Erbecedo (San Salvador), Coristanco, A Coruña 063

00396

Descoñecida

22.6.2021

15029A06300495

Erbecedo (San Salvador), Coristanco, A Coruña 063

00495

Descoñecida

22.6.2021

15029A06300715

Erbecedo (San Salvador), Coristanco, A Coruña 063

00715

Descoñecida

22.6.2021

15029A06400054

Erbecedo (San Salvador), Coristanco, A Coruña 064

00054

Descoñecida

21.6.2021

4189401NH2748N

Erbecedo (San Salvador), Coristanco, A Coruña

-

4189401

Descoñecida

21.6.2021

4289201NH2748N

Erbecedo (San Salvador), Coristanco, A Coruña

-

4289201

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, do comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución

subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2021/15029A05900377

15029A05900377

0,1310

1.688,89 €

221,26 €

2021/15029A05900380

15029A05900380

0,0257

3.545,82 €

91,05 €

2021/15029A06000150

15029A06000150

0,0472

3.953,15 €

186,77 €

2021/15029A06100142

15029A06100142

0,1550

3.545,82 €

549,50 €

2021/15029A06100301

15029A06100301

0,2995

874,91 €

262,07 €

2021/15029A06200255

15029A06200255

0,1974

3.545,82 €

699,98 €

2021/15029A06300396

15029A06300396

0,0066

3.545,82 €

23,42 €

2021/15029A06300495

15029A06300495

0,1694

1.688,89 €

286,04 €

2021/15029A06300715

15029A06300715

0,0313

3.545,82 €

110,83 €

2021/15029A06400054

15029A06400054

0,3922

3.545,82 €

1.390,60 €

2021/4189401NH2748N

4189401NH2748N

0,2319

3.545,82 €

822,34 €

2021/4289201NH2748N

4289201NH2748N

0,0576

874,91 €

50,39 €

4º. En caso de persistencia no incumprimento e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Coristanco, 24 de setembro de 2021

Juan Carlos García Pose
Alcalde