Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 22 de outubro de 2021 Páx. 51543

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública do Plan especial de ordenación do núcleo da Pedra do Sal (expediente 2018/X999/000311).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 13 de setembro de 2021, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de ordenación do núcleo da Pedra do Sal e de protección do seu contorno –PE1 A Pedra do Sal–, segundo a documentación técnica asinada polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva, como director dos traballos do Plan especial e representante da empresa adxudicataria Monteoliva Arquitectura, S.L.P.

O que se somete á información pública polo prazo de dous meses en cumprimento dos artigos 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186 do regulamento da devandita lei (Decreto 143/2016), co fin de que as persoas que se consideren afectadas por este poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Notificaráselles individualmente o acordo de aprobación inicial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados que figuran no anexo 6 da memoria xustificativa do Plan especial.

Así mesmo, este anuncio serve de notificación para as parcelas con titulares catastrais descoñecidos, para aqueles titulares dos que se descoñece o seu enderezo ou para aquelas notificacións que resulten infrutuosas.

Tal e como se establece na ficha que se inclúe na normativa do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), no ámbito deste plan especial non se poderán outorgar licenzas ata o seu desenvolvemento.

A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do concello na seguinte ligazón:

http://www.carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 21 de setembro de 2021

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde