Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 20 de outubro de 2021 Páx. 51148

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2021, conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se publica a convocatoria do Plan de formación continuada para o último trimestre do ano 2021.

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Acis), creada polo Decreto 112/2015, do 31 de xullo, ten como un dos seus fins xerais e obxectivos básicos a xestión da formación no Sistema público de saúde de Galicia.

A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde ten atribuídas as súas funcións polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, entre elas o deseño e a execución das políticas de persoal do organismo autónomo e a colaboración no plan anual de formación do persoal do organismo.

Por outra banda, correspóndelle á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde a negociación do contido do plan coas organizacións sindicais, así como a negociación e a aprobación dos criterios de selección dos participantes nas distintas actividades formativas.

Este plan foi realizado pola Acis, en colaboración coa Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, e aprobado no Consello de Formación Continua, composto por representantes do Servizo Galego de Saúde, da Acis e das organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSIF, asinantes do acordo de formación continuada.

Como resultado da especial situación derivada da pandemia provocada pola COVID-19, no seo do Consello de Formación Continua do Servizo Galego de Saúde apróbase o Plan de formación para o ano 2021, composto por actividades formativas nas modalidades de autoformación, teleformación e telepresenza, e a súa convocatoria publícase coa Resolución do 21 de xaneiro de 2021, conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 20, do luns 1 de febreiro).

Así mesmo, e en previsión de que as circunstancias e as restricións derivadas da pandemia puideren mellorar, acordouse a convocatoria de actividades presenciais para o último trimestre do ano.

Por todo iso, e coa finalidade de lle dar á formación a continuidade adecuada que a faga realmente efectiva, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, tras o informe favorable das centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSIF, xunto coa Xerencia da Acis, resolve facer pública a convocatoria para participar nas actividades formativas do Plan de formación continua do persoal do Servizo Galego de Saúde para o último trimestre do ano 2021, elaborado no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Plan AFEDAP), que se deberá resolver de acordo coas bases publicadas na Resolución do 21 de xaneiro de 2021, conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 20, do luns 1 de febreiro).

Na páxina web da Acis publicaranse todos os datos precisos das accións formativas que se convocan nesta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2021

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Xerente da Axencia Galega para a Xestión

do Coñecemento en Saúde

Ana María Comesaña Álvarez

Directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde

ANEXO

Listaxe de actividades formativas

Título

Horas

Soporte vital básico

4

Soporte vital cardiovascular avanzado

20

Reanimación neonatal e pediátrica

20

Obradoiro de suturas e cirurxía menor

8

Manexo práctico do paciente asmático

4

Soporte respiratorio invasivo e non invasivo

12

Actualización en estomas e sondas para gastrostomía endoscópica percutánea

8

Actualización en coidados de enfermaría nos diferentes accesos vasculares

8

Coidados de enfermaría en traumatoloxía

12

Posturas facilitadoras do parto

12

Coidados e mobilización de pacientes con prótese

8

Terapia orofacial

8

Obradoiro sobre administración de enemas

4

Coidados posturais ao paciente encamado

4

Limpeza, desinfección e esterilización de material

12

Análises e citoloxías de secrecións e líquidos corporais

12

A espectrometría de masas maldi-tof no laboratorio de microbioloxía clínica

12

Introdución ás técnicas de bioloxía molecular aplicada

8

Técnicas diagnósticas na patoloxía do aparello dixestivo

8

Introdución ao tallado de biopsias en anatomía patolóxica

4

Actualización na parasitoloxía

4

Comunicación e traballo nun equipo multidisciplinar

12

Habilidades de comunicación cos pacientes e familiares para persoal sanitario

12

Situacións de emerxencias provocadas por doentes con condutas violentas

8

Atención plena no contorno sanitario (mindfulness)

12

O/a celador/a no bloque cirúrxico

8

Seguridade alimentaria

8

Coñecementos básicos de almacenaxe na hostalaría hospitalaria

4

Seguridade e operación nas instalacións eléctricas

12

Xestión enerxética en edificios de uso sanitario

20

Instalacións eléctricas hospitalarias e mellora da seguridade de funcionamento

12

Prevención da lexionela e control da calidade da auga en edificios sanitarios

12

Soporte vital básico

4

Habilidades de comunicación para persoal de xestión e servizos

12

Punción seca na síndrome de dor miofascial

20

Uso seguro do medicamento e atención ao paciente na farmacia

12

Calidade na atención telefónica

8

Prevención de riscos na condución de turismos e industriais lixeiros

8