Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 19 de outubro de 2021 Páx. 51068

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Burela

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións relativo ao predio situado na rúa Luís Seoane, correspondente ás parcelas con referencias catastrais 27068A061002080000ES, 002200300PJ33E0001HK, 002200400PJ33E0001WK e 002200500PJ33E0001AK.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 11 de agosto de 2021, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o documento do Plan especial de infraestruturas e dotacións relativo ao predio radicado na rúa Luís Seoane, correspondente ás parcelas con referencias catastrais 27068A061002080000ES, 002200300PJ33E0001HK, 002200400PJ33E0001WK e 002200500PJ33E0001AK.

Este acordo determinará, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento, no caso de que as novas determinacións deste supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. Para estes efectos, determínase expresamente a área afectada.

Esta eventual suspensión terá unha duración máxima de dous (2) anos, contados desde a dita aprobación inicial, e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan. Durante ela poderanse autorizar usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

O citado plan especial, así como o expediente administrativo de que deriva, sométense ao trámite de información pública durante o prazo de dous (2) meses, contado a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e sen prexuízo da súa publicación nun dos xornais de maior difusión na provincia, así como da súa inserción no taboleiro municipal de edictos e anuncios.

Lugar e horario de exhibición: dependencias do Departamento de Urbanismo, na casa do concello, 2º andar, de luns a venres (excepto festivos), das 9.00 ás 14.00 horas.

Burela, 9 de setembro de 2021

Alfredo Llano García
Alcalde