Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 19 de outubro de 2021 Páx. 51069

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO de nomeamento dun funcionario de carreira auxiliar administrativo, por promoción interna.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do día sete de outubro de dous mil vinte e un, acordou nomear a Manuel Fernández Fernández, con DNI núm. ***463***, para ocupar a praza de auxiliar administrativo, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2.

Castroverde, 13 de outubro de 2021

Xosé María Arias Fernández
Alcalde