Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 19 de outubro de 2021 Páx. 50978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se declara á Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Luis González Cobas.

Antecedentes:

Por Resolución do 13 de novembro de 2020, acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Luis González Cobas (ABI/2015/0002).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (Supl. nº 325, do 14.12.2020), no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 247, do 9.12.2020), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Pontevedra e Vigo por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, en que se acredita o seu falecemento, o 10 de novembro de 2014 no municipio Vigo, e que, aínda que tiña outorgado testamento, deveu ineficaz por premoriencia da persoa instituída como a súa herdeira, a súa esposa Elpidia Domínguez Solla, falecida o 1 de xuño de 2004. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello de Vigo, quedando xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice Xeral Informatizado de Predios e Dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información acadada de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que ao menos forman parte do caudal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante, neste caso, particularmente e sen prexuízo doutros, os que deriven da sucesión da que fose a súa esposa.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos:

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20 bis e 20 ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 11/2021, do 21 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Luis González Cobas, con DNI 35923981M, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Bens inmobles:

– Urbana, casa de soto e andar baixo duns 72 m2, situada no lugar da Salgueira, parroquia de Sárdoma, municipio de Vigo, hoxe rúa da Salgueira Entrada nº 29, que co terreo que ten unido forma unha parcela única de 200 m2, que estrema: norte ou fronte, camiño, hoxe rúa da Salgueira; sur ou fondo, resto do predio matriz, hoxe Barrio Doña Concha nº 1; leste ou esquerda, José Ogando, hoxe rúa Salgueira nº 27; e oeste ou dereita, Manuel Bugarín, hoxe máis de Luis González Cobas. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 3347901NG2734N0001YQ (en parte).

Valor catastral: 17.067,87 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Vigo nº 1, parcela nº 12.508.

– Urbana, metade do dominio do terreo edificable situado no lugar da Salgueira, parroquia de Sárdoma, municipio de Vigo, hoxe rúa da Salgueira Entrada, duns 200 m2, que estrema: norte, camiño, hoxe rúa da Salgueira; sur, Manuel Fernández, hoxe Barrio Doña Concha nº 1; leste, máis de Luis González Cobas; e oeste, rúa en proxecto, hoxe Barrio da Salgueira Grupo Sindical. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 3347901NG2734N0001YQ (en parte).

Valor catastral: 17.623,25 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Vigo nº 1, parcela nº12.694.

b) Contratos e outros efectos bancarios:

– Abanca, conta de aforro: 2080 3538 9230 0001 1138.

– Abanca, conta de aforro: 2080 5000 6330 0299 9139.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar no seguinte enlace: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos de Pontevedra e Vigo.

Esta resolución poderá ser recorrida por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2021

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública