Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 15 de outubro de 2021 Páx. 50527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente-e IN407A 2021/86-1).

Expediente-e: IN407A 2021/86-1.

Promotora: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación da instalación: reforma da LMTA a CT Vilar.

Concello: Santa Comba.

Feitos:

1. O 3 de maio de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: reforma da LMTA a CT Vilar.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación economía de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Envíanse as separatas aos organismos afectados que a xuízo de Electra de Santa Comba, S.L. puidesen estar afectadas: Concello de Santa Comba, Augas de Galicia, Deputación Provincial e Telefónica.

• Concello de Santa Comba:

– Enviada o 5.5.2021 solicitude de conformidade da autorización administrativa e condicionado técnico á aprobación do proxecto de execución. No día de hoxe non consta no expediente ningunha contestación a anterior solicitude, polo que de acordo cos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, se entende a conformidade coa autorización da instalación e coas especificacións técnicas propostas polo peticionario no proxecto de execución.

• Augas de Galicia:

– Enviada o 5.5.2021 solicitude de conformidade da autorización administrativa e condicionado técnico á aprobación do proxecto de execución. No día de hoxe non consta no expediente ningunha contestación a anterior solicitude, polo que de acordo cos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, se entende a conformidade coa autorización da instalación e coas especificacións técnicas propostas polo peticionario no proxecto de execución.

• Deputación Provincial da Coruña:

– O día 5.5.2021 envíase solicitude de conformidade da autorización administrativa previa e condicionado técnico á autorización administrativa de construción.

– O organismo remite informe o día 3.6.2021, Electra de Santa Comba, S.L. achega o 8.6.2021 a aceptación ao condicionado proposto.

• Telefónica de España:

– O día 5.5.2021 envíase solicitude de conformidade da autorización administrativa previa e condicionado técnico á autorización administrativa de construción.

– O día 11.5.2021 recíbese informe favorable e condicionado de Telefónica de España.

– O día 13.5.2021 recíbese aceptación de Electra de Santa Comba, S.L. ao condicionado.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. A lexislación a aplicar neste expediente é a que de seguido se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Substitución do condutor existente nu de tipo LAC-28, por novo condutor tamén nu de tipo LA-56, sendo a lonxitude do treito de liña que se vai reformar de 1.629 m.

Substitución de 7 apoios de formigón, instalándose un total de 8 apoios de formigón de tipo HV-15/1000 (4 apoios), HVH-17/1000 (1 apoio), HVH-15/1600 (2 apoios) e HVH-17/3500 (1 apoio). Traslado dos elementos integrantes do CT existente ao novo apoio proxectado de tipo HVH-15/1600. Desmontaxe do transformador existente de 100 kVA e o cadro de baixa tensión que se volverán montar no novo apoio. Novo interruptor automático, autoválvulas, cables ponte BT e ferraxes.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 22 de setembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña