Expediente-e: IN407A 2021/99-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: ampliación de potencia de CT Vila (15A206).
Concello: Mesía.
Feitos:
1. O 20 de maio de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.
Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:
– Proxecto de execución nomeado: ampliación de potencia de CT Vila (15A206).
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económia de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Envíanse as separatas aos organismos afectados que a xuízo de UFD Distribución Electricidad, S.A. puidesen estar afectadas:
• Concello de Mesía.
– O día 25.5.2021 envíase solicitude de conformidade da autorización administrativa previa e condicionado técnico á autorización administrativa de construción.
– O organismo remite informe o día 2.6.2021, UFD Distribución Electricidad, S.A. achega o 11.6.2021 a aceptación ao condicionado proposto.
• Deputación Provincial da Coruña.
– O día 25.5.2021 envíase solicitude de conformidade da autorización administrativa previa e condicionado técnico á autorización administrativa de construción.
– O organismo remite informe o día 20.7.2021, UFD Distribución Electricidad, S.A. achega o 25.8.2021 a aceptación ao condicionado proposto.
• Servizo de Patrimonio Cultural.
– Enviada o 25.5.2021 solicitude de conformidade da autorización administrativa e condicionado técnico á aprobación do proxecto de execución. No día de hoxe non consta no expediente ningunha contestación a anterior solicitude, polo que de acordo cos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, enténdese a conformidade coa autorización da instalación e coas especificacións técnicas propostas polo peticionario no proxecto de execución.
4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. O xefe teritorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
2. A lexislación a aplicar neste expediente é a que de seguido se relaciona:
a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
Instalación dun novo centro de trasformación de tipo intemperie denominado Vila con matrícula 15A206, 160 kVA, alimentado pola LMTA CES-713 a 15 kV nun novo apoio C 3000/12 na mesma localización que un HV-11/1000 ao que substitúe. Retensado da liña con LA-30 nun tramo de 43 m.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o sinalado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
II. Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.
Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A Coruña, 22 de setembro de 2021
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña