Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 14 de outubro de 2021 Páx. 50330

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade da Resolución do 24 de setembro de 2021 de encomenda á Fundación Semana Verde de Galicia para a realización das probas de acceso á función pública no recinto feiral de Silleda (Pontevedra), nos días 27 e 28 de setembro.

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da encomenda da Consellería de Facenda e Administración Pública á Fundación Semana Verde de Galicia, que ten as seguintes características:

Actividade: encárgaselle á Fundación Semana Verde de Galicia que lle preste á Dirección Xeral de Función Pública a xestión das probas de acceso dos seguintes procesos selectivos:

Data e lugar

Proceso selectivo

Aspirantes

DOG

27.9.2021

Tarde

C1 - Libre

1.455

Orde do 22.11.2019

DOG nº 224 - 25.11.2019

27.9.2021

Tarde

Grupo III, categ. 2 e 62

14

Orde do 22.11.2019

DOG nº 224 - 25.11.2019

28.9.2021

Tarde

C2 - Libre

2.903

Orde do 22.11.2019

DOG nº 224 - 25.11.2019

28.9.2021

Tarde

Grupo IV - categ. 1

34

Orde do 22.11.2019

DOG nº 224 - 25.11.2019

Natureza e alcance da xestión da encarga: encarga a medios propios ao ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Orzamento: 109.109,71 €. O gasto impútase á aplicación 23.04.124A.226.13 (código de proxecto 2015/00187) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de 2021.

Esta operación non está suxeita a IVE, segundo o establecido no artigo 7.8 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do 13.1.2012)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería
de Facenda e Administración Pública