Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Avión (expediente IN407A 2021/98-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense o día 22.6.2021 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2223 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable da data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A. (CIF A63222533).

Enderezo: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMT, CT, RBT lugar Beresmo.

Situación: concello de Avión (Ourense).

Orzamento: 113.417,15 €.

Características técnicas:

LMT aérea, a 20 kV, en condutor tipo LA-56 mm2, con entrada e saída no CT proxectado, con orixe no apoio 160-B-4 proxectado de tipo C-14/3000, que se intercalará na LMT ALB804 (expediente IN407A 2016/179-3) e final no apoio 160-B-5 proxectado de tipo C-14/2000 MT ALB804 (expediente IN407A 2016/179-3), cunha lonxitude da liña de 50 m.

LMT subterránea, a 20 kV, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1X240 mm2 Al, con orixe no apoio 160-B-4 proxectado, de tipo C-14/3000, que se intercalará na LMT ALB804 (expediente IN407A 2016/179-3) e final no apoio 160-B-7 proxectado, de tipo C-14/2000 MT ALB804 (expediente IN407A 2016/179-3), cunha lonxitude de 312 m.

Centro de transformación que se instalará no lugar de Beresmo, prefabricado compacto telecontrolado GSM/GPRS/FO 2L+1P, manobra exterior, con envolvente de formigón, de 250 kVA de potencia aparente, r/t 20000/400-230 V e illante en aceite mineral.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 21 de setembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense