Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2021/99-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: subestación de Saceda 132/20 kV-ampliación parque 132/20 kV pos. Coren.

Situación: lugar subestación de Saceda, concello de Ourense.

Características principais recollidas no proxecto: ampliación parque intemperie de 132 kV con nova posición (pos. Coren) equipada con nova posición HIS no primario do transformador 132 kV, con configuración simple barra e intensidade de curtocircuíto de curta duración de 31,5 kA, lugar subestación de Saceda-Ourense.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, na rúa Curros Enríquez, nº 1-4º, 32071 Ourense, no prazo de trinta días contados a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público para a súa consulta durante o prazo de trinta días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nesta xefatura territorial e no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Ourense, 21 de setembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense