Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50042

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 136/2021, do 30 de setembro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Ponteareas de varios treitos de estradas provinciais.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria do 25 de setembro de 2020 aceptou o cambio de titularidade e posterior entrega ao Concello de Ponteareas de diversos treitos de estradas provinciais, os cales se recollían na cláusula quinta do convenio asinado o día 24 de abril de 2019 entre deputación e concello para a execución do proxecto de obra denominado Mellora da mobilidade peonil na EP-4004, acceso á igrexa de Guláns desde o punto quilométrico 0+000 ao punto quilométrico 0+490.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, indica que a estrada EP-4004, así como os treitos antigos das estradas EP-4005 e EP-4006, cumpren co estipulado no número 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, polo que se formula a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta de setembro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Ponteareas de:

Clave

Denominación

Lonxitude

EP-4004

Acceso á igrexa de Guláns

490 m

Clave

Denominación

PQi

PQf

Marxe

Treito antigo 1 da EP-4005

Areas-Alxán-Cabreira

1+195

1+320

MD

Treito antigo 2 da EP-4005

1+930

2+040

ME

Treito antigo da EP-4006

Ponteareas-As Neves

1+100

1+700

MD

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Ponteareas deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír os cambios de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre concello e deputación.

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello de Ponteareas, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de setembro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade