Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 11 de outubro de 2021 Páx. 49570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) e o estudo de impacto ambiental do parque eólico Ventumelo, nos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río (Ourense) e Ribas de Sil (Lugo), e promovido por Wind Hero, S.L. (expediente IN408A/2019/79).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; e no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula el aproveitamento eólico en Galicia e se crea el canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante/promotor: Wind Hero, S.L.

Domicilio social: rúa Cala Nova, nº 19, Palma, 07009 Illes Balears.

Denominación do proxecto: parque eólico Ventumelo.

Concellos afectados: A Pobra de Trives, San Xoán de Río (Ourense) e Ribas de Sil (Lugo).

Potencia que se vai instalar: 50 MW.

Produción neta anual estimada: 154.940 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 37.744.203 €.

Localización (área de afección):

Vértices poligonal

Parque eólico Ventumelo

ETRS89

X UTM H29

Y UTM H29

A

639.219

4.698.276

B

639.219

4.693.164

C

640.205

4.693.164

D

640.205

4.690.870

E

643.854

4.693.805

F

643.718

4.694.305

G

644.155

4.694.415

H

643.771

4.695.952

I

643.335

4.695.843

J

642.855

4.697.765

K

642.855

4.698.276

Localización dos aeroxeradores e do centro de seccionamento e medida:

Aeroxerador

Parque eólico Ventumelo

ETRS89

X UTM H29

Y UTM H29

V-1

640.433

4.697.186

V-2

640.656

4.696.688

V-3

639.929

4.695.211

V-4

639.879

4.694.800

V-5

640.083

4.694.466

V-6

642.325

4.697.109

V-7

642.558

4.696.741

V-8

642.837

4.696.365

V-9

643.017

4.695.992

V-10

643.368

4.695.614

V-11

643.628

4.695.161

V-12

643.769

4.694.844

CSM

640.083

4.694.466

Localización das torres metereolóxicas:

Torre

Parque eólico Ventumelo

ETRS89

X UTM H29

Y UTM H29

TM-V1

642.616

4.696.522

TM-V2

640.049

4.695.417

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico son as seguintes:

• 12 aeroxeradores modelo V150 de 4,2 MW (10ud) e 4,0 MW (2ud) do fabricante Vestas, cunha altura de buxa de 105 m, diámetro de rotor de 150 m, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia góndola dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 5.150 kVA e relación de transformación de 0.72/30 ± 2×2,5 % kV.

• Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento e medida do parque situado no aeroxerador V-5, composta por tres circuítos con condutores tipo Al HEPRZ1 18/30 kV+H16 Cu de sección variable segundo o tramo, o circuíto 1 para a interconexión dos aeroxeradores V-1, V-2, V-3, V-4 e V-5, circuíto 2 para os V-6, V-7, V-8 e V-9 e o circuíto 3 para os V-10, V-11 e V-12.

• Centro de seccionamento e medida (CSM) do parque, situado no interior do aeroxerador V-5, con celas de entrada e saída de liña a 30 kV, tres celas de liña de corte e illamento en SPF6 para conexión dos circuítos dos aeroxeradores, unha cela de protección xeral: Interruptor Fronteira, unha cela de liña de corte e illamento SF6 para protección de transformador de SSAA e unha de medida para facturación. Equipamento complementario para telecontrol, carga de baterías e medida.

• Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre o CSM e a arqueta fin de parque, onde conecta con liña soterrada coa sala de celas de 30 kV da subestación colectora Treboada.

• 2 torres meteorolóxicas de 105 m de altura.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:

1. O proxecto de execución (3.6.2021-visado o 4.6.2021).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (xullo de 2021).

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (12.9.2021-visado o 13.9.2021).

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía das xefaturas territoriais de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense (rúa Curros Enríquez, 1-4º, 32071 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico xefaturaindustria.cei.ourense@xunta.gal ou nos teléfonos 988 68 77 50/988 38 67 13), e de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 88 90 87/982 29 46 66); así como nos concellos da Pobra de Trives e San Xoán de Río (Ourense), e Ribas de Sil (Lugo) e tamén na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5-4º andar, 15781 Santiago de Compostela con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79 e 981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A dita documentación estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias das xefaturas territoriais de Ourense e de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, no prazo de 30 días contados a partir da última publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2021

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais