Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 11 de outubro de 2021 Páx. 49575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 20 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforzo LMTA, LMTS na LMT LAL805, no concello de Forcarei.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforzo LMTA, LMTS na LMT LAL805, no concello de Forcarei, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 20 de agosto de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/55-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforzo LMTA, LMTS na LMT LAL805.

Concello: Forcarei.

Reforzo LMTA LMTS na LMT LAL805

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m² solo

ml sub.

m² subsolo

Concello

1

36018A275004450000JL

Millerada

Prado

José Máximo López Vilaboa

1

17,32

0,1

0,88

Forcarei

2

36018A043000150001MX

Carballiño

Prado

Azucena Guzmán Cardesín

2

8,81

Forcarei