Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49252

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade de varios encargos ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) realizados por esta consellería.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 21 de abril de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) as actuacións de deseño, construción e acondicionamento de instalacións de proximidade dos servizo de defensa do monte en puntos de encontro, distritos forestais e Centro de Loita Integral contra o Lume de Toén da Consellería do Medio Rural, operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

– Actividade: elaboración de proxectos para o deseño, construción e acondicionamento de novas infraestruturas para a unificación de instalacións da Consellería do Medio Rural, e a adecuación do contorno das edificacións e mellora das condicións de seguridade, onde se pretende construír o Centro de Loita Integral contra o Lume, no concello ourensán de Toén.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde a sinatura da acta de inicio ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón cincocentos oitenta mil oitocentos trinta e catro euros con noventa e dous céntimos (1.580.834,92 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.02.551B.622.0 e 14.02.551B.632.1 (código proxecto 2021 00082).

2. Resolución do 2 de xuño de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización do servizo de apoio técnico para a consecución dos obxectivos do proxecto Forvalue: xestión innovadora para a valorización e resiliencia do espazo forestal (EP-Interreg V a España Portugal-POCTEP) no ano 2021.

– Actividade: realización de tres estudos de viabilidade técnico-económica e ambiental dos novos modelos de xestión definidos no proxecto; consultoría para cinco proxectos técnico-económicos de xestión forestal; realización de cinco estudos de investigación da propiedade e organización e loxística dun evento de divulgación dos resultados das accións anteriores.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 9 meses desde o día seguinte ao da sinatura da acta de inicio dos traballos.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento sesenta e un mil douscentos trinta e un euros e once céntimos (161.231,11 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.640.1 (código proxectos 2020 00055 e 2015 00609).

3. Resolución do 23 de xuño de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a construción de puntos de auga para a prevención e defensa contra incendios forestais en diferentes concellos da provincia da Coruña, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: construción de seis puntos de auga. Construiranse dous depósitos para a carga de medios terrestres nos concellos de Coristanco e Carballo (distrito forestal II Bergantiños-Mariñas Coruñesas) e catro depósitos de auga para a carga de medios aéreos nos concellos de Moeche (distrito forestal I-Ferrol), Dodro, Boiro e Lousame (distrito forestal IV Barbanza).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses a partir do día seguinte ao da data de sinatura da acta de comprobación da implantación.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento setenta e un mil cento dezaseis euros con oitenta e oito céntimos (171.116,88 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código proxecto 2016 00212).

4. Resolución do 7 de xuño de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o proxecto de execución para a xestión da biomasa forestal en masas comúns para prevención de incendios forestais, localizadas na franxa de cincuenta metros de vivendas e construcións na ZCP de San Pedro de Maus (Vilar de Barrio-Ourense).

– Actividade: reducir e frear a continuidade do combustible forestal nas franxas de cincuenta metros de vivendas e construcións na ZCP de San Pedro de Maus (Vilar de Barrio-Ourense) co control da vexetación e a diversificación da súa estrutura, mediante a realización de rozas, rareos, podas e abatemento e saca de especies arbóreas, coa correspondente eliminación dos restos forestais.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 1 mes.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de tres mil trescentos vinte e oito euros con oitenta e un céntimos (3.328,81 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código proxecto 2016 00199).

5. Resolución do 23 de xuño de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o apoio á conservación e o fomento dos recursos xenéticos para o cultivo nos viveiros da Falmega (Oroso), Santa Cruz (Oleiros) e Sambreixo (Guitiriz), cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: diferentes labores do que consta o proceso de reprodución do castiñeiro híbrido porbaixa e os labores necesarios para o cultivo nos viveiros (raíz núa, envase ou invernadoiro).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde a data da sinatura da orde de execución ata o 30 de abril de 2022.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento noventa e cinco mil trescentos noventa e nove euros con dezaoito céntimos (195.399,18 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.640.1 (código proxecto 2016 00202).

6. Resolución do 6 de xullo de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización dun servizo de apoio no impulso da xestión forestal activa e multifuncional do monte galego.

– Actividade: realizar un plan de control de repoboacións forestais ilegais, apoio nos procedementos de certificación forestal en montes de xestión pública e apoio nos informes sobre iniciativas forestais innovadoras que se están a desenvolver na Unión Europea e internacionalmente.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 6 meses a contar desde o día seguinte ao da sinatura da acta de inicio dos traballos.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos setenta e nove mil catorce euros e trinta e sete céntimos (279.014,37 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.640.1 (código proxecto 2011 00977).

7. Resolución do 14 de xullo de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a xestión de biomasa vexetal de predios de masa común das zonas de concentración parcelaria da provincia de Pontevedra.

– Actividade: mellorar a sanidade de cultivos e diminuír o risco de incendios forestais en masas comúns de ZCP da provincia de Pontevedra, para dar cumprimento á responsabilidade dos propietarios públicos respecto da prevención e extinción de incendios forestais, segundo a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 4 meses.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de trece mil trescentos catro euros con setenta e dous céntimos (13.304,72 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código proxecto 2016 00219).

8. Resolución do 15 de xullo de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a execución do servizo de elaboración do mapa de combustibles forestais para os concellos costeiros de Galicia nos anos 2021 e 2022.

– Actividade: elaboración do mapa de combustibles forestais para os concellos costeiros de Galicia, mediante tecnoloxía Lidar, imaxes de satélite e validación da información en campo. Para elaborar unha distribución actualizada da vexetación utilizaranse imaxes de satélite en combinación cos datos Lidar que son necesarios para coñecer a súa estrutura.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 6 meses desde a data da sinatura da acta de inicio.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento corenta e catro mil oitocentos noventa e catro euros con vinte tres céntimos (144.894,23 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B 640.1 (código proxecto 2008 00391).

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2021

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural