Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49244

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade de varios encargos realizados por esta consellería ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e a súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 28 de abril de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para replicar os hortos de semente de Pinus pinaster da Braxe (Cedeira) e Cordal da Loba (Monfero), así como para instalar unha plantación de semente elite clonal e un campo de plantas nai de semente de proxenies de elite de Pinus pinaster con resistencia a nematodo e calidade de madeira, cofinanciados ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: levar a cabo os traballos necesarios para replicar os hortos de semente clonal de Pinus pinaster que actualmente hai na Braxe (Cedeira) e Cordal da Loba (Monfero), ambos na provincia da Coruña. Ademais, instalarase unha nova plantación sementeira elite clonal con material seleccionado por resistencia a nematodo e por calidade de madeira procedente destes dous hortos de semente.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 30 de abril de 2021 ata o 30 de novembro de 2023.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos setenta e seis mil douscentos once euros con trinta e sete céntimos (276.211,37 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.640.1 (código de proxecto 2016 00202).

2. Resolución do 12 de maio de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) os traballos para o servizo de apoio técnico na revisión e seguimento na execución de obra dos proxectos da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias.

– Actividade: actuacións de revisión técnica dos proxectos da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias, verificando o cumprimento da normativa aplicable, definición técnica e orzamentos, e do seu seguimento na fase de execución da obra, así como de control e seguimento arqueolóxico dos proxectos e obras.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xullo de 2021 ata o 30 de xuño de 2022.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento oitenta e seis mil douscentos setenta e catro euros con oito céntimos (186.274,08 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.640.1 (código de proxecto 2020 00079).

3. Resolución do 10 de xuño de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) os traballos do servizo de actividades auxiliares de apoio nas actuacións da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias e na aplicación do Plan de controis da submedida 4.30 de Feader.

– Actividade: traballos auxiliares de apoio nas actuacións da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias e na aplicación do Plan de controis da submedida 4.30 de Feader, mantemento e xestión de bases de datos e apoio no seguimento que das actuacións en execución se realiza desde a oficina supervisora de proxectos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xullo de 2021 ata o 30 de xuño de 2023.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento trinta e seis mil dezaoito euros con oitenta e sete céntimos (136.018,87 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.640.1 (código de proxecto 2020 00079).

4. Resolución do 28 de xuño de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) os traballos de posta en marcha e xestión dun matadoiro móbil na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2021.

– Actividade: deseño e execución do matadoiro móbil, dotación de maquinaria e equipos, deseño e execución da base operativa, xestión do servizo e desenvolvemento da aplicación informática de xestión do matadoiro.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de outubro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de oitocentos sesenta e tres mil catrocentos vinte e tres euros con vinte e tres céntimos (863.423,23 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713C.640.1 (código de proxecto 2020 00054).

5. Resolución do 15 de xullo de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a construción dun depósito de auga cunha rede de subministración de cinco hidrantes para a prevención e defensa contra os incendios forestais no concello de Mondoñedo, cofinanciados ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: construción dun depósito de auga cunha rede de subministración de cinco hidrantes para a prevención e defensa contra os incendios forestais no concello de Mondoñedo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincuenta e nove mil setecentos trinta e un euros con sesenta e seis céntimos (59.731,66 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

6. Resolución do 23 de xullo de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) os traballos do apoio técnico previo á preparación dos informes aos recursos de alzada contra o acordo, así como de modificación de bases e acordo para a validación documental co obxecto da inmatriculación rexistral das zonas de reestruturación parcelaria.

– Actividade: soporte técnico aos directores das zonas de reestruturación parcelaria, apoio técnico na comprobación, actualización e validación da documentación gráfica e alfanumérica nos procesos de concentración parcelaria.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses comezando o 5 de setembro de 2021.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón trescentos setenta e cinco mil cincocentos oitenta e seis euros con vinte e catro céntimos (1.375.586,24 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.640.1 (código de proxecto 2020 00079).

7. Resolución do 15 de xullo de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a construción de cinco puntos de carga de helicópteros e autobomba nos concellos de Avión, Cartelle, Carballeda de Valdeorras, Laza e Lobios, cofinanciados ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: construción de cinco puntos de carga de helicópteros e autobomba nos concellos de Avión, Cartelle, Carballeda de Valdeorras, Laza e Lobios.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 9 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos dezaseis mil douscentos cincuenta e cinco euros con noventa e catro céntimos (216.255,94 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

8. Resolución do 12 de xullo de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de traballos técnicos de colaboración coa autoridade de xestión do Programa de desenvolvemento rural de Galicia durante os anos 2021-2025, cofinanciados ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: apoio á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural no seguimento e avaliación continua do PDR de Galicia, preparación dos informes anuais, modificacións do programa e noutras tarefas relacionadas coas súas responsabilidades derivadas da súa condición de autoridade de xestión do PDR, apoio instrumental á Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación de Fondos e ao Servizo de Coordinación e Seguimento do PDR.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 16 de xullo de 2021 ao 15 de xullo de 2025.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón corenta e seis mil cento once euros con oito céntimos (1.046.111,08 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A.640.2 (código de proxecto 2016 00184).

9. Resolución do 19 de xullo de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a construción de puntos de auga para a carga de vehículos contra incendios forestais no distrito forestal XIX: Caldas-O Salnés, cofinanciados ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: construción de puntos de auga para a carga de vehículos contra incendios forestais no distrito forestal XIX: Caldas-O Salnés.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento corenta e nove mil vinte e dous euros con trinta céntimos (149.022,30 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

10. Resolución do 12 de xullo de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de traballos técnicos de colaboración co Fogga na supervisión dos controis dentro do Plan galego de controis Feader e na xestión de medidas agroambientais durante os anos 2021-2023, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: traballos de apoio ao Fogga en todas as tarefas relacionadas coa aplicación do Plan galego de controis Feader e na xestión de medidas agroambientais do PDR de xestión directa polo Fogga, así como outras tarefas relacionadas coas responsabilidades do Fondo Galego de Garantía Agraria como organismo pagador dos fondos europeos agrícolas en Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 16 de xullo de 2021 ao 15 de xullo de 2023.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos noventa e nove mil setecentos tres euros con sesenta e un céntimos (399.703,61 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A.640.2 (código de proxecto 2016 00184).

11. Resolución do 14 de xullo de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para mellora de acceso ao predio 1124 da zona de concentración parcelaria de Estás-Goián-Fiqueiró (Tomiño-Pontevedra), cofinanciados ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: mellora de acceso ao predio 1124 da zona de concentración parcelaria de Estás-Goián-Fiqueiró (Tomiño-Pontevedra).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 4 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincuenta e tres mil setecentos corenta e sete euros con noventa e tres céntimos (53.747,93 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2021

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural