Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 7 de outubro de 2021 Páx. 48976

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 23 de setembro de 2021 pola que se actualiza o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia.

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, establece, no número 1 do seu artigo 10, os catálogos de estradas como os instrumentos públicos que serven para identificar, inventariar, clasificar e, se for o caso, categorizar funcionalmente as estradas das redes de cada Administración titular.

Pola súa parte, o número 7 do artigo 10 da antedita Lei 8/2013 indica que terán a consideración de actualización dos catálogos de estradas o cambio de titularidade de travesías urbanas ou treitos delas que estivesen incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, cando poida ser aprobado pola consellería competente en materia de estradas; a variación de trazado en estradas existentes; a variación dos datos que identifican as estradas contidas neles; o cambio de categoría funcional dunha estrada, cando se tramitase un expediente ao respecto; e o resto de supostos previstos regulamentariamente.

A ese respecto, o Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio, indica, no seu artigo 23, que tamén terá a consideración de actualización dos catálogos de estradas o cambio de clase de estradas, cando se teña tramitado un expediente ao respecto.

Finalmente, o número 3 do artigo 10 da antedita Lei 8/2013 establece que a actualización do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia realizarase por orde da consellería competente en materia de estradas.

Por outra parte, o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia foi aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia número 129, do 8 de xullo.

A ese respecto, tense identificado que teñen variado certos datos dalgunha das estradas contidas no antedito Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, polo que procede a súa actualización.

Por todo o exposto e facendo uso das facultades que me confire o número 3 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único. Actualización do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia

Actualízase o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia como consecuencia:

a) Da variación dos datos que identifican a estrada LU-161 Landrove (LU-540)-Ferreira de Valadouro (LU-160).

b) Da variación dos datos que identifican a estrada LU-530 Lugo-A Fonsagrada (LU-701).

c) Da variación dos datos que identifican a estrada LU-933 Monforte de Lemos (LU-664)-Lím. Prov.-A Rúa.

d) Da variación dos datos que identifican a estrada OU-531 Xinzo de Limia-Cortegada (OU-801).

e) Da variación dos datos que identifican a estrada OU-533 A Gudiña (N-525)-A Rúa (N-603).

f) Da variación dos datos que identifican a estrada OU-603 A Rúa (OU-533)-N-120.

g) Da variación dos datos que identifican a estrada PO-206 Lalín (N-525)-Vila de Cruces (PO-905).

h) Da variación dos datos que identifican a estrada PO-313 Marín-Moaña (PO-551).

Procede, polo tanto, actualizar o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia e rectificar os datos das anteditas estradas do xeito indicado no anexo desta orde.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2021

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Rexistros do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia que son obxecto de actualización

Clave

Denominación

Treito

PQi

PQf

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoría funcional

Clase de estrada

Provincia

LU-161

Landrove (LU-540)-Ferreira de Valadouro (LU-160)

Landrove (LU-540)-Ferreira do Valadouro (avda. Deputación)

0+000

23+130

23,13

23,74

Local

Estrada convencional

Lugo

LU-161

Landrove (LU-540)-Ferreira de Valadouro (LU-160)

Ferreira do Valadouro (rúa Rosalía de Castro)-Ferreira de Valadouro (LU-160)

23+570

24+180

0,61

23,74

Local

Estrada convencional

Lugo

LU-530

Lugo-A Fonsagrada (LU-701)

Lugo-O Carqueixo (LU-021)

0+855

2+750

1,895

57,055

Local

Estrada convencional

Lugo

LU-530

Lugo-A Fonsagrada (LU-701)

O Carqueixo (LU-021)-A Fonsagrada (LU-701)

2+750

57+910

55,16

57,055

Complementaria

Estrada convencional

Lugo

LU-933

Monforte de Lemos (LU-664)-Lím. Prov.-A Rúa

Monforte de Lemos (LU-664)-Monforte de Lemos (Rúa Cardeal Rodrigo)

0+000

1+090

1,09

52,18

Local

Estrada convencional

Lugo

LU-933

Monforte de Lemos (LU-664)-Lím. Prov.-A Rúa

Monforte de Lemos (LU-662) (rúa Benito Vicetto)-As Fontes

1+840

4+240

2,40

52,18

Complementaria

Estrada convencional

Lugo

LU-933

Monforte de Lemos (LU-664)-Lím. Prov.-A Rúa

As Fontes (LU-545)-Nocedo (N-120)

4+240

28+830

24,59

52,18

Local

Estrada convencional

Lugo

LU-933

Monforte de Lemos (LU-664)-Lím. Prov.-A Rúa

Nocedo (N-120)-Ponte do Sil (Deput.)

28+840

31+330

2,49

52,18

Local

Estrada convencional

Lugo

LU-933

Monforte de Lemos (LU-664)-Lím. Prov.-A Rúa

Ponte do Sil (Deput)-Quiroga (N-120)

31+330

31+740

0,41

52,18

Complementaria

Estrada convencional

Lugo

LU-933

Monforte de Lemos (LU-664)-Lím. Prov.-A Rúa

Quiroga (N-120)-Sequeiros (N-120)

31+740

37+710

5,97

52,18

Local

Estrada convencional

Lugo

LU-933

Monforte de Lemos (LU-664)-Lím. Prov.-A Rúa

Sequeiros (N-120)-Bendollo (N-120)

37+720

40+260

2,54

52,18

Local

Estrada convencional

Lugo

LU-933

Monforte de Lemos (LU-664)-Lím. Prov.-A Rúa

Bendilló (N-120)-Lim. Prov.

41+910

54+600

12,69

52,18

Local

Estrada convencional

Lugo

OU-531

Xinzo de Limia-Cortegada (OU-801)

Xinzo de Limia-San Paio de Viega (AG-31)

0+360

23+590

23,23

49,35

Complementaria

Estrada convencional

Ourense

OU-531

Xinzo de Limia-Cortegada (OU-801)

San Paio de Viega (AG-31)-Celanova (OU-540)

23+590

25+150

1,56

49,35

Local

Estrada convencional

Ourense

OU-531

Xinzo de Limia-Cortegada (OU-801)

Celanova Oeste-Cortegada (OU-801)

26+790

51+350

24,56

49,35

Complementaria

Estrada convencional

Ourense

OU-533

A Gudiña (N-525)-A Rúa (OU-603)

A Gudiña (N-525)-A Rúa (OU-603)

0+000

50+100

50,10

50,10

Estruturante

Estrada convencional

Ourense

OU-603

A Rúa (OU-533)-N-120

A Rúa (OU-533)- N-120

0+000

3+630

3,63

3,63

Local

Estrada convencional

Ourense

PO-206

Lalín (N-525)-Vila de Cruces (PO-905)

Lalín (N-525)-Carragoso de Abaixo (SG-V5)

0+000

0+330

0,33

16,31

Local

Estrada convencional

Pontevedra

PO-206

Lalín (N-525)-Vila de Cruces (PO-905)

Carragoso de Abaixo (SG-V5)-Vila de Cruces (PO-905)

0+330

16+310

15,98

16,31

Complementaria

Estrada convencional

Pontevedra

PO-313

Marín-Moaña (PO-551)

Marín (PO-546)-Pardavila (VG-4.4)

0+000

3+050

3,05

16,42

Local

Estrada convencional

Pontevedra

PO-313

Marín-Moaña (PO-551)

Pardavila (VG-4.4)-Broullón (AG-46)

3+050

13+130

10,08

16,42

Complementaria

Estrada convencional

Pontevedra

PO-313

Marín-Moaña (PO-551)

Broullón (AG-46)-Moaña (PO-551)

13+130

16+420

3,29

16,42

Local

Estrada convencional

Pontevedra