Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 7 de outubro de 2021 Páx. 49080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de setembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo relativo ao deslindamento parcial do monte de Vilarello I, no concello de Cervantes (expediente 2DES/2021).

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 13.9.2021, figura o seguinte acordo:

Monte Vilarello I (exp. 103/78), pertencente aos veciños dos lugares de Vilarello do Río e Vilarello da Igrexa, no concello de Cervantes. Clasificado polo Xurado o 30.4.1979.

– O 25.2.2021 ten entrada unha proposta de deslindamento parcial do MVMC, aprobada pola comunidade propietaria do monte veciñal.

– O 16.3.2021 o Servizo de Montes emite un informe favorable da antedita proposta e o 9.4.2021 iníciase o procedemento coa súa publicación no DOG e a apertura dun prazo para presentar alegacións. Expediente de deslindamento 2DES/2021.

– O 23.7.2021 a comunidade do monte veciñal notifica que non houbo alegacións e ratifícase na proposta inicial, que recibe o informe favorable do Servizo de Montes o 12.8.2021.

– O 3.9.2021 ten entrada a proposta da liña de deslindamento definitiva e a documentación requirida no artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia.

Segundo a memoria elaborada polo Servizo de Montes, na cal se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento, o monte de Vilarello I pasa a ter unha superficie de 325 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado dos acordos alcanzados ao Xurado Provincial, quen ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

Visto o anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal após o deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 23 de setembro de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file