Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 6 de outubro de 2021 Páx. 48957

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 649/2020).

Execución subsidiaria de limpeza de predios en risco de incendio, ao abeiro do previsto no artigo 22 da Lei 3/2007, por incumprimento dos titulares ou por descoñecemento deles.

Visto o expediente tramitado (que logo se dirá) para lograr a limpeza de predios invadidos por maleza con risco de incendio, situados nas faixas de protección establecidas pola Lei de prevención de incendios de Galicia.

Visto que no expediente referido foi ordenada a limpeza de predios, notificándoselles a obriga aos responsables, onde eran coñecidos por esta administración, ou ben, publicando a orde, en cumprimento do previsto no artigo 22 da Lei 3/2007, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, no caso de titulares ou enderezos descoñecidos, a fin de poder continuar o procedemento previsto para a efectiva protección das faixas.

Visto, ademais, que o Concello de Oia ten un convenio asinado con Seaga, polo que encarga a este organismo da Xunta de Galicia a limpeza efectiva de moitas parcelas que están en situación de risco de incendio e para as que non foi posible lograr que realizasen a limpeza os seus titulares, ben porque non se coñecen ou ben por incumprimento.

Considerando que resulta obrigatorio, chegados a este punto, acordar a execución subsidiaria polo concello, que este encargará pola súa vez a Seaga, e que resulta necesario formalizar tamén a liquidación provisional dos custos que terán esas limpezas.

De acordo co previsto nos artigos 21 e seguintes da Lei 3/2007, de prevención de incendios de Galicia, 135 e seguintes da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Incoar expediente para a execución subsidiaria das ordes de execución impostas por decreto de Alcaldía no expediente que logo se refire, contra os titulares que tamén se indican, respecto das parcelas identificadas na táboa que segue:

Nº expediente

Ref. catastral

Data/
notificación/

publicación

Parroquia

Lugar/polígono/parcela

ha afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional dos traballos de xestión biomasa

Data de constatación do incumprimento

Persoa responsable

649/2020

36036A004007990000QM

BOE 24.3.2021

DOG 17.3.2021

Mougás

Pedra Rubia/4/799

0,208102

822,66 €

6.9.2021

Residenciales Oia, S.L.

36036A004008010000QO

Pedra Rubia/4/801

0,122703

485,06 €

36036A004008040000QP

Pedra Rubia/4/804

0,140378

554,94 €

36036A004008070000QJ

Pedra Rubia/4/807

0,099951

395,12 €

36036A004008080000QE

Pedra Rubia/4/808

0,071480

282,57 €

36036A004008100000QJ

Pedra Rubia/4/810

0,109900

434,45 €

36036A004008240000QQ

Pedra Rubia/4/824

0,400351

1.582,65 €

36036A004008310000QF

Pedra Rubia/4/831

0,085004

143,56 €

36036A004008330000QO

Pedra Rubia/4/833

0,053305

90,03 €

36036A004008340000QK

Pedra Rubia/4/834

0,123681

208,88 €

36036A004008370000QX

Pedra Rubia/4/837

0,086573

146,21 €

36036A004008390000QJ

Pedra Rubia/4/839

0,014448

24,40 €

36036A004008410000QI

Pedra Rubia/4/841

0,022403

37,84 €

36036A004008440000QS

Pedra Rubia/4/844

0,099804

168,56 €

36036A004008510000QW

Pedra Rubia/4/851

0,048882

82,56 €

36036A004008520000QA

Pedra Rubia/4/852

0,078925

133,30 €

36036A004009210000QP

Pedra Rubia/4/921

0,422826

1.671,49 €

36036A004008090000QS

Pedra Rubia/4/809

0,068402

115,52 €

Teresa Juana Martín Seguido

Segundo. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, estímase que a limpeza xerará os custos que aparecen na mesma táboa, na columna de liquidación provisional.

Terceiro. Sirva a presente como liquidación provisional dos custos que deberán aboar os obrigados, constituíndo o presente decreto liquidación en voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria que se determinarán, sen prexuízo da liquidación definitiva que se cursará unha vez rematados os traballos de corta e roza.

Cuarto. Ordenar a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galica e no taboleiro de anuncios do concello, para coñecemento e efectos, e comunicar a Seaga, para os efectos que procedan.

Oia, 14 de setembro de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa