Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 6 de outubro de 2021 Páx. 48956

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Antas de Ulla

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do proxecto de delimitación do solo do núcleo rural de Vilasión.

Unha vez aprobado inicialmente, por acordo do Pleno do día 26 de setembro de 2019, o proxecto de delimitación do solo do núcleo rural de Vilasión, de acordo co artigo 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese á información pública por un prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no xornal El Progreso de Lugo e no xornal La Voz de Galicia.

Durante ese prazo calquera interesado poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes.

Antas de Ulla, 15 de setembro de 2021

Javier Varela Pérez
Alcalde