Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 30 de setembro de 2021 Páx. 47856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Zamorra, situado no concello de Agolada (IN408A 2019/21).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Green Capital Power, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Zamorra.

Concellos afectados: Agolada (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 31,5 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 7.

Produción neta anual estimada: 111.550 (MWh/ano).

Orzamento total (execución material): 23.440.241,13 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértices

X UTM (H29 ETRS89

Y UTM (H29 ETRS89)

P1

572.875,00

4.742.785,00

P2

577.183,00

4.742.785,00

P3

577.183,00

4.742.506,00

P4

581.167,00

4.742.506,00

P5

581.167,00

4.739.623,00

P6

574.327,43

4.739.623,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Concello

ZA01

574.017,00

4.742.164,00

Agolada

ZA02

573.870,00

4.741.752,00

Agolada

ZA03

573.893,00

4.742.582,00

Agolada

ZA04

576.620,00

4.742.524,00

Agolada

ZA05

578.837,00

4.741.979,00

Agolada

ZA06

580.289,00

4.740.992,00

Agolada

ZA07

580.579,00

4.740.142,00

Agolada

Coordenadas do centro de seccionamento:

Centro seccionamento

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

CS

578.172,00

4.741.407,00

Envolvente

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

P1

578.162,62

4.741.414,80

P2

578.203,39

4.741.414,80

P3

578.220,19

4.741.378,43

P4

578.167,65

4.741.373,20

Coordenadas da torre de medición:

Torre de medición

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

TM

574.004,00

4.742.317,00

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Sete (7) aeroxeradores modelo SIEMENS GAMESA SG145 de 4.500 kW de potencia unitaria, 127,5 m de altura de buxeiro e 145 m de diámetro de rotor.

– Sete (7) centros de transformación de potencia aparente 5.625 kVA e tensión 0,69/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

– Rede de media tensión de 30 kV soterrada, formada por catro (4) circuítos con cables AL/XLPE 18/30 kV (36 KV) de seccións de 95, 240 e 500 mm2, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento. A mesma gabia incluirá cables de terra de Cu de 50 mm2 e condutores de fibra óptica.

O circuíto 1 terá un tramo aéreo de 168,87 m de lonxitude, realizado en dous apoios con condutor nu LA 110, de sección mínima de 116,2 mm2. As coordenadas dos apoios serán as seguintes:

Circuíto 1

Apoio principio de liña

Apoio final de liña

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Cruce

575.715,93

4.741.647,83

575.879,98

4.741.692,79

– Un (1) centro de seccionamento formado por dúas envolventes prefabricadas de formigón, distribuídas da seguinte maneira:

• Unha envolvente prefabricada como centro de interconexión, en que se aloxarán as celas do sistema de media tensión (30 kV) e transformador de servizos auxiliares, conformada por:

a) Un conxunto de celas de 36 kV formado por celas blindadas illadas en SF6 con configuración de simple barra e relés de protección incorporados constituído por:

• 3 posicións de liña a centro de seccionamento e liña de evacuación.

• 1 posición de transformador de servizos auxiliares.

• 1 posición de medida de tensión en barras.

b) Sistema de servizos auxiliares formado por un transformador de MT/BT.

• Unha envolvente prefabricada para a parte de control onde se aloxarán os elementos de control, equipos auxiliares, sistema de comunicación, protección, corrente continua, etc.

a) Sistema integrado de control e protección (SICOP).

b) Baterías de corrente continua de 125 Vcc.

c) Sistema de comunicacións en tempo real mediante fibra óptica, para o telemando e as proteccións comunicadas.

• Un almacén de residuos.

– Unha (1) torre meteorolóxica de ata 127,5 m de altura total.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avda. Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do concello de Agolada (praza do Concello, 1, 36520 Agolada, Pontevedra).

Pontevedra, 22 de setembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra