Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 30 de setembro de 2021 Páx. 47868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 16 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se dá publicidade da resolución do procedemento de declaración de prohibición de contratar da Empresa Gavilanes, S.L.; Autocares E. Losada, S.L.; Rutas 82, S.L.; Rafael Pérez Vázquez e Queiper Laza, S.L. (UTE Val de Maceda).

De acordo co disposto no artigo 20 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, faise publica a Resolución do 13 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, ditada no procedemento PC/DXM/2021/01, que resolve o seguinte:

Primeiro. Declarar a prohibición de contratar no ámbito da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade das empresas denominadas Empresa Gavilanes, S.L.; Autocares E. Losada, S.L.; Rutas 82, S.L.; Rafael Pérez Vázquez y Queiper Laza, S.L., que conformaban a UTE Val de Maceda, polo prazo de seis meses desde a data de inscrición da prohibición de contratar no Rexistro Xeral de Contratistas de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2021

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade